Giovanna d'Arco (en galego, Xoana de Arco) é unha ópera dividida nun preludio e tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Temistocle Solera, baseada no drama Die Jungfrau von Orleans de Friedrich von Schiller (se ben Solera negou esta afirmación en cartas enviadas ao editor de Verdi, e alegou que o traballo foi "unha ficción totalmente orixinal"). A ópera reflicte en parte a vida de Xoana de Arco. Foi estreada o 15 de febreiro de 1845 no Teatro alla Scala de Milán.

Esta obra rara vez se representa na actualidade; nas estadísticas de Operabase aparece con só 6 representacións no período 2005-2010, sendo a vixésimo segunda de Verdi.

Personaxes PersonaxeTesituraElenco o 15 de febreiro de 1845Director: Xoana de ArcosopranoErminia FrezzoliniCarlos VII de Francia tenorAntonio PoggiGiacomo (un pastor)barítonoFilippo ColiniTalbot (xeneral do exército inglés) baixoFrancesco LodettiDelil (un oficial francés)tenorNapoleone MarconiSoldados ingleses e franceses, cortesáns, nobres, pobo, anxos, demos etc.

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Verdi Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Milán Categoría:Óperas estreadas no Teatro alla Scala Categoría:Óperas de 1845