Bartolomé Hermida Santabaia, nado en Tui o 11 de xaneiro de 1801 e finado en Valladolid o 29 de maio de 1864, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Estudou filosofía, teoloxía, leis e canons na Universidade de Santiago de Compostela (1824). Ocupou cargos políticos nos gobernos do Partido Moderado. Foi alcalde de Tui en 1844, intendente de Lugo e da Coruña, e foi designado gobernador da provincia da Coruña en 1853. Foi deputado por Pontevedra (1844) e polo distrito de Betanzos en 1857. Foi gobernador civil de Zaragoza e Valladolid (1864). Vida persoal

Casou con Teresa Romero, e tiveron catro fillos: Juan, Joaquín, Ramón e Vicenta.

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Alcaldes de Tui Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1801 Categoría:Finados en 1864 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela