O Empire State Building é un rañaceos de 102"Empire State Building" The Skyscraper Center Council on Tall Buildings and Urban Habitat website plantas dedicado a oficinas situado na Quinta Avenida entre a intersección das rúas 33 e 34 de Manhattan no oeste da cidade de Nova York, en Estados Unidos. A súa altura é de 381 metros, pero acada 443 metros contando coa antena. O nome do edificio deriva do alcume que ten o Estado de Nova York: "Empire State" ("Estado do Imperio"). Foi o edificio máis alto do mundo durante máis de corenta anos, desde a súa finalización en 1931 ata 1972, ano en que se completou a construción da torre norte do World Trade Center. Esta altura causou certos contratempos, como o sucedido o 28 de xullo de 1945, cando un bombardeiro B-25 Mitchell pilotado entre a néboa bateu co edificio entre os andares 79 e 80, causando 14 mortes. Tras a destrución do World Trade Center o 11 de setembro de 2001, o Empire State Building converteuse novamente no edificio máis alto da cidade de Nova York e do estado de Nova York, ata que foi outra vez superado polo One World Trade Center o 30 de abril de 2012, quedando o Empire State outra vez en segundo lugar.
O Empire State Building foi nomeado pola Sociedade Estadounidense de Enxeñeiros Civís como unha das Sete Marabillas do mundo moderno. O edificio e o seu interior son designados monumentos da Comisión para a Preservación de Monumentos Históricos de Nova York, e confirmado pola Xunta de Estimación da Cidade de Nova York. Foi designado como un monumento Histórico Nacional en 1986. En 2007, ocupou o número un na lista das edificacións favoritas estadounidenses e hoxe día tamén. Actualmente é propiedade e está xestionado pola empresa inmobiliaria W & H Properties, e está considerado un dos maiores atractivos turísticos do mundo, ademais de ser designado Monumento Histórico Nacional.
Historia O lugar que ocupa hoxe en día o Empire State Building foi ocupado por primeira vez a finais do século XVIII pola granxa de John Thomson. Nese momento, unha corrente de auga fluía a través do sitio, desaugando na lagoa de Sunfish Pond, localizada a unha cuadra de distancia. A finais do século XIX o lugar foi ocupado polo Hotel Waldorf-Astoria, e foi frecuentado por "Os Catrocentos", a elite social de Nova York.
Deseño e construción O Empire State Building foi deseñado baseandose no deseño art déco do arquitecto William F. Lamb, socio da empresa de arquitectura Shreve, Lamb e Harmon, quen realizou os debuxos do edificio en tan só dúas semanas, utilizando como base anteriores deseños, como os do Edificio Reynolds en Winston-Salem, Carolina do Norte e os ad Torre Carew de Cincinnati, Ohio,Carew Tower - Cincinnati, Ohio deseñada esta polo arquitecto Walter W. Ahlschlager. Os principais construtores foron os Irmáns Starrett e Eken, e o proxecto foi financiado principalmente polos empresarios John Jacob Raskob e Pierre Samuel du Pont, ligados coa empresa química DuPont e coa General Motors. A empresa de construción foi presidida por Alfred E. Smith, un ex gobernador de Nova York. A escavación do sitio iniciouse o 22 de xaneiro de 1930, e a construción do propio edificio comezou simbolicamente o 17 de marzo (día de San Patricio). A construción era parte dunha competición en Nova York polo título do edificio máis alto do mundo. No proxecto participaron 3 400 traballadores, na súa maioría inmigrantes procedentes de Europa, xunto con centos de traballadores de mohawk especialistas no traballo co ferro, moitos deles procedían da reserva de Kahnawake, preto de Montreal. Segundo as contas oficiais, cinco traballadores morreron durante a construción, aínda que medios como o New York Daily News elevaban esa cifra ata os 14 mortos.
O edificio foi inaugurado oficialmente o 1 de maio de 1931 de forma especial, os netos do gobernador Smith cortaron a cinta e o presidente dos Estados Unidos do momento (Herbert Hoover), premendo un botón dende Washington fixo que se acendesen tódalas luces do edificio en Nova York.
Primeiros plans Bethlehem Engineering Corporation foi a empresa de enxeñería responsable da construción dun edificio de 25 plantas de oficinas onde se asentaba no seu momento o hotel Waldorf-Astoria. O presidente da compañía, Floyd De L. Brown pagou 100000 dólares de anticipo do millón requirido para iniciar a construción do edificio, coa promesa de que a diferenza se pagaría a posteriori. Brown conseguiu un préstamo dun banco, non podendo devolver o mesmo. miniatura|upright|esquerda|Antes de chegar ao plan final producíronse quince modificacións substanciais. O terreo foi vendido a Empire State Inc. un grupo de investidores podentes entre os que se atopaban Louis G. Kaufman, Ellis P. Earle, John J. Raskob, Coleman du Pont e Pierre S. du Pont. O nome do grupo viña polo alcume da cidade de Nova York. Alfred E. Smith, antigo gobernador de Nova York e candidato presidencial cuxa campaña, en 1928, había sigo xestionada por Raskob, foi nomeado encargado da empresa. O grupo adquiriu as terras contiguas de modo que puidese ter os 2 acres necesarios para realizar a base da torre, xunto coa medida de 130 por 61 metros necesaria para a propia torre. O consorcio Empire State Inc. fíxose público en agosto de 1929.
Empire State Inc. contratou a William F. Lamb, da firma de arquitectura Shreve, Lamb e Harmon, para realizar o deseño. Lamb realizou os deseños en apenas dúas semanas usando deseños previos que se utilizaron para o edificio Reynolds en Winston-Salem, en Carolina do Norte. A posteriori o seu socio Richmond Shreve realizou os diagramas cos requirimentos do proxecto. A acta de plan urbanístico de 1916 forzou a Lamb a deseñar a estrutura con retranqueos, co cal os pisos inferiores eran de maior tamaño que os superiores. Desta forma, a torre deseñouse de arriba abaixo, tendo finalmente unha forma de lapis.
Cambios no deseño O plan orixinal era construír un edificio de 50 plantas, incrementándose posteriormente a 60 e logo a 80. Dispuxéronse restricións de altura nos edificios próximos, para asegurar que os 50 últimos pisos, do edificio de 300 metros de altura, tivesen vistas de toda a cidade, sen que estas estivesen obstruídas por ningún outro edificio. O New York Times eloxiou a proximidade da localización as estacións, tales como a estación de tránsito da rúa 34 Brooklyn-Manhattan e a terminal de ferrocarril da rúa 33, a un bloque de distancia, así como a estación Pensilvania ou a estación Grand Central Terminal, da que o separan 9 bloques. Encomiouse así mesmo a disposición de 280000 metros cadrados de chan para oficinas, nunha das zonas con maior actividade do mundo.
Á vez que o proxecto para a realización do Empire State Building entraba na súa fase final, producíase un concurso na cidade de Nova York para ver cal era o edificio máis alto. Tanto o número 40 de Wall Street, naquela época sede do Banco de Manhattan, como o edificio Chrysler pugnaban por esta distinción e xa estaban en construción cando comezaron os traballos no Empire State. A «carreira cara ao ceo», como se coñeceu no seu momento, representaba o optimismo reinante nos anos 20, estimulado polo boom inmobiliario nas grandes cidades. A revisión do número 40 de Wall Street levouno de 260 metros a 282, en abril de 1929, considerándose o máis alto. O edificio Chrysler engadiu 56 metros coa antena, alcanzando os 319 metros e sendo considerado por iso o máis alto. O promotor do edificio, Walter Chrysler, deuse conta de que o seu edificio sería máis alto que o propio Empire State, dando ordes ao arquitecto, William van Alen, de cambiar o teitume do edificio, pasando dunha bóveda a unha forma de agulla. Raskob, coa idea de que o Empire fose o edificio máis alto do mundo, revisou os planos e engadiu cinco plantas extra así como unha agulla; con todo, os novos pisos terían que ser retranqueados debido á presión do vento nesta nova zona. O 18 de novembro de 1929, Smith adquiriu un soar no 27-31 de West 33rd street, engadindo 23 metros de ancho ao edificio. Dous días despois, Smith anunciou os novos plans para o rañaceos que incluían o observatorio no piso 86 a unha altura de 320 metros, superior ao observatorio do edificio Chrysler, situado no piso 71 do mesmo.
Con estes datos o Empire State sería tan só 1,2 metros máis alto que o edificio Chrysler e Raskob, temendo algunha truque no último momento de Chrysler, fixo que se revisasen os planos por última vez, en decembro de 1929, incluíndo unha "coroación" de 61 metros e un mastro para ancoraxe de dirixibles de 68 metros. A altura do teitume era ao final de 380 metros, converténdoo no edificio máis alto do mundo con moita diferenza, mesmo sen contar a antena. O engadido da estación de dirixibles significaba que outra planta, a número 86, tería que ser construída por baixo da coroación; con todo, ao contrario que a antena do edificio Chrysler, o mastro do Empire State tería un sentido práctico. O plan final anunciouse ao público o 8 de xaneiro de 1930, antes do inicio da construción. O New York Times anunciou que a antena tiña algúns problemas técnicos, pero non era gran cousa tendo en conta a modificación levada a cabo. Neste momento, os planos do edificio sufriran uns 15 cambios antes de ser aprobados. Lamb describiu o resto de especificacións que se lle deron no plan final:
Os contratistas eran Starrett Brothers (a posteriori coñecidos como Starrett Corporation) e Eken, isto é Paul e William A. Starrett e Andrew J. Eken, que posteriormente construirían outros edificios na cidade de Nova York, tales como o residencial Stuyvesant, Starrett City ou a torre Trump. O proxecto foi financiado principalmente por Raskob e Pierre du Pont, mentres que a empresa de subministracións de James Farley proporcionaba os materiais de construción. John W. Bowser tomou o papel de xefe de obra, sendo o enxeñeiro responsable da estrutura Homer G. Balcom. Os prazos tan axustados de construción fixeron que se iniciase a mesma aínda cando non se finalizou por completo o deseño.
Apertura A apertura do edificio coincidiu coa Gran Depresión nos Estados Unidos, e como resultado gran parte do seu espazo de oficinas non foi ocupado. No seu primeiro ano de funcionamento, a plataforma de observación custou aproximadamente dous millóns de dólares, tanto diñeiro como os seus propietarios recibiron polo alugamento dese ano. A falta de inquilinos levou á xente de Nova York a burlarse da construción chamándoa o "Baleiro State" (Empty State Building). O edificio non foi rendible ata 1950. A famosa venda de 1951 do Empire State a Roger L. Stevens e os seus socios de negocios foi promovida pola destacada empresa inmobiliaria de Manhattan Charles F. Noyes & Company, por unha cifra récord de 51 millóns de dólares. No momento, ese foi o prezo máis alto xamais pagado por unha estrutura única en bens inmobles da historia. Terminal de dirixibles O distintivo do edificio foi orixinalmente deseñado para ser un mastro de amarre e estacionamento de dirixibles. O piso número 102 foi deseñado orixinalmente como plataforma de aterraxe para dirixibles. Un ascensor específico, entre os pisos 86 e 102, estaba destinado para o transporte dos pasaxeiros. Con todo, a idea resultou ser pouco práctica e perigosa despois duns intentos con aeronaves, debido aos poderosos movementos causados polo tamaño da construción en si. Unha gran torre de emisión engadiuse á parte superior da agulla en 1953.
Choque aéreo de 1945 miniatura|Vista do B-25 incrustado no lado do edificio, 1945