Simon Boccanegra é unha ópera cun prólogo e tres actos, con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave, Giuseppe Montanelli e Arrigo Boito (responsable da revisión), baseado nunha obra teatral homónima de Antonio García Gutiérrez. A versión orixinal foi estreada en Teatro La Fenice de Venecia o 12 de marzo de 1857. Debido ás dificultades coa trama orixinal, presentouse unha versión revisada, con trocos de Arrigo Boito, no Teatro alla Scala de Milán o 24 de marzo de 1881. Esta é a versión, coa súa escena da Cámara do Consello como final do Acto I, que normalmente se representa na actualidade.

Esta ópera segue no repertorio, aínda que non está entre as máis representadas; nas estatísticas de Operabase aparece no posto n.º 70 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 28.ª en Italia e a décimo terceira de Verdi, con 56 representacións.

Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea12 de marzo de 1857Lista de cantantes tomada de Budden, Julian: The Operas of Verdi (Cassell), vol 2, p. 244.(Director: — )Versión revisadaElenco na estrea24 de marzo de 1881(Director: Franco Faccio)Budden, Julian: The Operas of Verdi (Cassell), vol 2, p. 267Simon Boccanegra, un corsario, máis tarde primeiro dogo de XénovabarítonoLeone GiraldoniVictor MaurelMaria Boccanegra, súa filla, coñecida como Amelia GrimaldisopranoLuigia BendazziAnna d'AngeriJacopo Fiesco, un nobre xenovés, coñecido como Andrea GrimaldibaixoGiuseppe EcheverriaEdouard de ReszkeGabriele Adorno, un cabaleiro xenovéstenorCarlo NegriniFrancesco TamagnoPaolo Albiani, un xoieiro e o cortesán favorito do dogobarítonoGiacomo VercelliniFederico SalvatiPietro, un líder popular xenovés e cortesánbaixoAndrea BelliniGiovanni BiancoCapitán dos arqueirostenorAngelo FiorentiniDoncella de AmeliamezzosopranoFernanda CapelliSoldados, mariñeiros, pobo, senadores, a corte do Dogo, prisioneiros – Coro

Notas

Categoría:Óperas de Verdi Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Venecia Categoría:Óperas de 1857