Glen Hansard, nado en Dublín o 21 de abril de 1970 e finado ibídem o 29 de xullo de 2026, foi un cantante e compositor do grupo irlandés de rock The Frames. Tamén traballou como presentador de televisión e actor, destacando a súa actuación no filme Once.
Traxectoria Hansard deixou a escola á idade de 13 anos para gaña-la vida tocando polas rúas de Dublín. A primeira vez que se deu a coñecer ó gran público foi como o guitarrista Outspan Foster no filme The Commitments. No 2003 presentou o programa de televisión da RTÉ, Other Voices: Songs from a Room. En abril do 2006 publicou o seu primeiro álbum musical en solitario The Swell Season, coa colaboración da cantante e instrumentista checa Markéta Irglová, a finesa Marja Tuhkanen ó violín e o francés Bertrand Galen ó violoncello. Tamén colaborou con Eddie Vedder no seu último traballo Ukelele Song. Tamén no 2006, actuou no filme Once, onde interpreta a un músico da rúa xunto con Markéta Irglová, que fai dunha inmigrante checa que vende flores pola rúa. O filme tivo moi boa acollida no Festival de Cinema de Sundance e foi gañadora dun Óscar á mellor canción orixinal.
miniatura|dereita|210px|Glen Hansard, en directo en Dublín o 31 de decembro do 2006. miniatura|210px|dereita|Hansard e Markéta Irglová tocando na tenda de discos Cool Discs en Derry, Irlanda do Norte en abril do 2006.
Discografía En solitario Álbums
Rhythm and Respose (2012) Didn't He Ramble (2015) Between Two Shores (2018) This Wild Willing (2019) All That Was East Is West of Me Now (2023) Don't Settle Vol. 1 Transmissions East (2026) Don't Settle Vol. 2 Transmissions West (2026)
The Frames Álbums Another Love Song (1991) Fitzcarraldo (1995) Fitzcarraldo (1996) Dance the Devil (1999) For the Birds (2001) Breadcrumb Trail (2002) (álbum en directo) Set List (2003) (álbum en directo) Burn the Maps (2004) The Cost (2006)
Singles e EPs The Dancer (1991) Masquerade (1992) Turn On Your Record Player EP (1992) Picture of Love (1993) Angel at My Table (1994) Revelate (1995) Monument (1996) I am the Magic Hand (1999) Pavement Tune (1999) Rent Day Blues EP (1999) Come On Up to the House Lay Me Down (2001) Headlong (2002) The Roads Outgrown EP (2003) Fake (2003) Finally (2004) Sideways Down (2005) Happy (2005) Falling Slowly/No More I Love Yous (2006)
The Swell Season The Swell Season (2006) Once Soundtrack (2007) Strict Joy (2009)
Filmografía The Commitments (1991) Once (2007) Austin City Limits (2008) Ballymun Lullaby (2011) - Documental Play (2011)
Premios e nomeamentos Óscar Ano Categoría Filme Resultado2007Óscar á mellor canción orixinalOnceGañador
Nomeado ós Premios Grammy 2007 - Mellor canción escrita para filme, televisión ou outro medio audiovisual - Falling slowly do filme Once.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Letras de The Swell Season en Irish Music Central Excreting Songs - Entrevista a Glen Hansard
Categoría:Cantantes de Irlanda Categoría:Actores de cinema de Irlanda Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Dublín Categoría:Finados en 2026