Malcolm Toshio Lee, nado o 22 de maio de 1990 en Riverside, California, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no CSO Voluntari romanés.
Traxectoria profesional NBA Lee foi elixido na 43ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Chicago Bulls. Foi traspasado na mesma noite do Draft aos Minnesota Timberwolves xunto aos dereitos da 28ª elección, Norris Cole, a cambio dos dereitos da 23ª elección, Nikola Mirotić. Asinou un contrato por tres anos cos Timberwolves.
O 27 de xuño de 2013, o día do Draft da NBA de 2013, Lee foi traspasado ós Golden State Warriors, quen pouco despois o traspasaron ós Phoenix Suns.
Foi traspasado de novo o 25 de outubro de 2013, xunto a Marcin Gortat, Shannon Brown e Kendall Marshall ós Washington Wizards a cambio de Emeka Okafor e unha elección de primeira rolda do Draft de 2014. Tres días máis tarde, Lee, Brown e Marshall foron cortados polos Wizards.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Riverside Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Brujos de Guayama Categoría:Xogadores do Trabzonspor BK Categoría:Xogadores do KK Igokea Categoría:Xogadores do Tigers Tübingen Categoría:Xogadores do Kolossos Rodou BC