A tempada 2011 da NFL foi a 92ª edición da National Football League. A liga regular comezou o 8 de setembro de 2011 e rematou o 1 de xaneiro de 2012. Os playoffs comezaron o 7 de xaneiro de 2012 e remataron o 5 de febreiro de 2012 coa Super Bowl XLVI, que nesta ocasión tivo lugar no Lucas Oil Stadium de Indianápolis.
Tempada regular Os vixentes campións, Green Bay Packers, acadaron o mellor rexistro de vitorias durante a tempada regular, con 15 encontros gañados e só 1 perdido. Por contra, é salientable a mala tempada regular que fixeron os Indianapolis Colts por mor da lesión da súa estrela, o quarterback Peyton Manning, precisamente o ano no que a Super Bowl terá lugar no Lucas Oil Stadium, fogar dos Colts.
Como decote, 6 equipos da cada conferencia acadaron o seu pase para os playoffs: os 4 líderes de división mais os restantes 2 mellores equipos de cada conferencia.
Conferencia Americana AFC Leste Equipo G P E % DIV CONF(1) New England Patriots1330.813513342New York Jets880.500394382Miami Dolphins6100.375348330Buffalo Bills6100.375372434 AFC Norte Equipo G P E % DIV CONF (2) Baltimore Ravens1240.750378266 (5) Pittsburgh Steelers1240.750325227 (6) Cincinnati Bengals970.563352315 Cleveland Browns4120.250218307 AFC Sur Equipo G P E % DIV CONF (3) Houston Texans1060.625381278 Tennessee Titans970.563325317 Jacksonville Jaguars5110.313243329 Indianapolis Colts2140.125243430 AFC Oeste Equipo G P E % DIV CONF (4) Denver Broncos880.500309390San Diego Chargers880.500406377Oakland Raiders880.500333395Kansas City Chiefs790.438212338
Conferencia Nacional NFC Leste Equipo G P E % DIV CONF(4) New York Giants970.563394400Philadelphia Eagles880.500396328Dallas Cowboys880.500372347Washington Redskins 5110.313288367 NFC Norte Equipo G P E % DIV CONF(1) Green Bay Packers1510.938560359(6) Detroit Lions1060.625474397Chicago Bears880.500353341Minnesota Vikings3130.188340449 NFC Sur Equipo G P E % DIV CONF(3) New Orleans Saints1330.813547339(5) Atlanta Falcons1060.625402350Carolina Panthers6100.375406427Tampa Bay Buccaneers4120.250307494 NFC Oeste Equipo G P E % DIV CONF(2) San Francisco 49ers1330.813380229Arizona Cardinals880.500312348Seattle Seahawks790.438321315St. Louis Rams2140.125193407
Playoffs Os New England Patriots acadaron o seu posto na Super Bowl deixando polo camiño ós Denver Broncos e ós Baltimore Ravens. Os New York Giants acadaron o seu posta na Super Bowl deixando polo camiño ós Atlanta Falcons, ós Green Bay Packers e ós San Francisco 49ers. Deste xeito, houbo unha repetición da Super Bowl da tempada 2006-07 entre New England Patriots e New York Giants, saíndo coma vencedores da Super Bowl XLVI os New York Giants.
Véxase tamén Ligazóns externas Clasificacións da NFL A NFL en ESPN Información da NFL
Categoría:Deporte en 2011 Categoría:National Football League