Rabbit-Proof Fence é un filme australiano dirixido por Phillip Noyce que se estreou no 2002. Baséase no libro Follow the Rabbit-Proof Fence de Doris Pilkington Garimara, que conta a historia real da nai da autora, e doutras dúas nenas aborixes mestizas, que despois de seren arrebatadas ás súas familias polo goberno, regresaron elas soas ó seu fogar percorrendo centos de quilómetros.

Sinopse miniatura|150px|dereita|Mapa do valado a proba de coellos que seguiron as nenas para ir dende Moore River ata Jigalong. Ano 1931, Australia. Molly Craig (Everlyn Sampi) é unha nena que foxe coa súa irmá máis nova e coa súa curmá, as tres mestizas de aborixes australianos, dunha institución gobernamental creada para formar ás nenas como empregadas domésticas ó servizo da sociedade branca australiana. Armada de gran coraxe e determinación, Molly guía ás pequenas dende Moore River ata Jigalong seguindo o valado contra os coellos que atravesa o oeste de Australia. Vivirán unha auténtica odisea percorrendo as 1.500 millas que as separan do seu fogar.

Personaxes Everlyn Sampi como Molly Craig Kenneth Branagh como A.O. Neville David Gulpilil como Moodoo Tianna Sansbury como Daisy Craig Kadibill Laura Monaghan como Gracie Fields Jason Clarke como Constable Riggs Ningali Lawford como Maud Myarn Lawford como Avoa de Molly Deborah Mailman como Mavis

Galardóns e nomeamentos 2002: Premio do público no Festival Internacional de Cine de Edimburgo.

Véxase tamén Outros artigos Rabbit-proof fence Xeracións roubadas Aborixes australianos Bibliografía

Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua walmajarri Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes dirixidos por Phillip Noyce Categoría:Filmes sobre supervivencia Categoría:Filmes ambientados en 1931 Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes sobre racismo Categoría:Xeracións roubadas