Caius Cilnius Maecenas nado en Arezzo, probablemente o 15 de abril do 69 a. C. e finado probablemente no ano 8 a. C., foi un estadista romano e mecenas das letras.

Mecenas descendía dunha familia etrusca antiga e nobre. Foi conselleiro, colaborador e amigo de Octavio Augusto, a quen mesmo substituíu durante as súas ausencias de Italia. Posteriormente a relación arrefriou, posibelmente porque Augusto tivo un affaire coa muller de Mecenas, Terencia, mais no seu testamento designouno único herdeiro. Actuou como mediador nos tratados de Brindisi (40 a. C.) e Taranto (37 a. C.).

Mecenas foi unha figura chave na vida literaria da época augusta. Animou a súa política cultural, ao protexer e dirixir os creadores de máis prestixio, como Virxilio (quen lle dedicou as Xeórxicas), Horacio (a quen lle regalou Vila Sabina), Propercio, Varius Rufus, Plotius Tucca, Valgius Rufus ou Domitius Marsus.

É autor de obras en prosa (Prometeo, Simposio, In Octaviam, De cultu suo) e en verso, das que se conservan uns vinte fragmentos.

Legado O seu nome é símbolo do padroado rico e xeneroso das artes. Os termos galegos mecenas e mecenado proveñen do seu nome.

Categoría:Nados en Arezzo Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Escritores da Roma Antiga Categoría:Nados en -69 Categoría:Finados en -8 Categoría:Prefectos romanos