Alfredo Conde Cid, nado en Allariz o 6 de xaneiro de 1945, é un escritor e político galego tanto en lingua galega como en lingua castelá.

Traxectoria Naceu no seo dunha familia galeguista de clase media. Estudou náutica na Escola Superior de Náutica da Coruña e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como mariño mercante e tamén como profesor de historia nun colexio privado. miniatura|Xa vai o Griffón no vento incluíuse na Biblioteca Galega 120. En 1973 foi cofundador, con outros oito socios (José Luis Llácer, Margariña Valderrama, María Victoria Moreno, Blanca Varona, Ramón Yuste, Carmen María Echarre, Paco Gulías e Javier Yuste) da librería Xuntanza, na rúa Andrés Muruais de Pontevedra, que pechou en 1976 polas débedas.

Foi deputado no Parlamento de Galicia como independente no grupo do PSdeG (1981-1993) e conselleiro de cultura con Fernando González Laxe (1987-1990). Foi o primeiro presidente do PEN Clube de Galicia (1990-1991).

A súa primeira obra foi o poemario Mencer de lúas (1968), pero Alfredo Conde é coñecido sobre todo pola súa obra narrativa que comeza en 1974 co libro de relatos Mementos de vivos.

Obra en galego Narrativa miniatura|Un detalle deste cadro de Arturo Fernández Cersa empregouse para ilustrar a portada de María das Batallas, Galaxia, 2007."Alfredo Conde recrea a figura histórica de María Pita" Galaxia. Mementos de vivos (1974, Galaxia). Contubernio catro de Tomé S. (1978. Reeditado en 1988 en Sotelo Blanco como O contubernio). Come e bebe que o barco é do amo (1978, Akal). Breixo (1981, Xerais e 1990, Galaxia). Traducida ao castelán. Memoria de Noa (1982, Xerais e 1986, Galaxia). Traducida ao castelán e ao ruso. Xa vai o Griffón no vento (1984, Galaxia), Premio Nacional de Narrativa de España. Traducida ao castelán, ao italiano, ao inglés e ao ruso. Música sacra (1990, Galaxia). Traducida ao castelán. A morte de Blas (1992, Contos do Castromil). Sempre me matan (1995, Ir Indo). Traducida ao castelán. A casa de Adara (1996, Xerais). O fácil que é matar (1998, Xerais). Memoria do soldado (2002, Sotelo Blanco). Traducida ao castelán. Romasanta. Memorias incertas do home lobo (2004, Sotelo Blanco). Traducida ao castelán, ao ruso e ao inglés. Lukumí (2006, Galaxia).20px Conde lendo un fragmento de Lukumi. Traducida ao castelán. María das Batallas (2007, Galaxia). Traducida ao castelán. Chovida do ceo (2014, Xerais). O beato (2016, Xerais). Un vento que pasa (2019, Galaxia). 228 páxs. ISBN 978-84-9151-353-7. Homes de ferro (2020, Ézaro Ediciones). A conto do político (2023, Ézaro Ediciones).

Poesía Mencer de lúas (1968, Galaxia) ColeccionAN. 69 poemas de amor (2014, Trifolium, edición bilingüe galego-castelán)

Conversas Conversas con Alfredo Conde. Xuízo, sentenza e condena (2009, Ir Indo, con Xosé Manuel del Caño)

Obras colectivas Os novísimos da poesía galega (1973, Akal) Contos da xustiza (1991, Ir Indo) Polos camiños da literatura: escritores galegos do PEN (1993, Xunta de Galicia/PEN Clube) Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais) Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001, Consello da Cultura Galega) Un futuro para a lingua (2002, Xunta de Galicia) Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais) Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora) Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015, Concello de Pontevedra/Galaxia) Compostela. Relato Curto (2025, Xerais)

Obra en castelán miniatura|Na Praza do Obradoiro Narrativa Los otros días (1991) Cubita, la bella (1992, Biblioteca 114, El Correo Gallego) Azul cobalto. Historia posible del Marqués de Sargadelos (2001, Edhasa). Traducida ao ruso. María de las batallas (2008) Huesos de santo (2010) El beato (2016)

Distincións Obra en galego Premio da Crítica Española no 1981, por Breixo.

Premio da Crítica de Galicia de Creación Literaria no 1982, por Breixo. Premio Chitón de novela no 1983, por Memoria de Noa. Premio Ícaro no 1983, por Memoria de Noa. Premio Blanco Amor no 1984, por Xa vai o Griffón no vento. Premio da Crítica Española no 1984, por Xa vai o Griffón no vento. Premio Ginzane Cavour de Turín á mellor novela estranxeira, por Xa vai o Griffón no vento. Premio Nacional de Narrativa no 1986, por Xa vai o Griffón no vento. Premio Puro Cora en 2025. XXXI Premio Álvaro Cunqueiro de gastronomía polo seu traballo E se voara, sobre a gastronomía de Lalín. 2026: XI Premio José Luis Alvite pola súa «dilatada traxctoria no mundo literario e periodístico».

Obra en castelán Premio Nadal no 1991, por Los otros días. Premio Ateneo-Ciudad de Valladolid 2016 por El beato"Alfredo Conde: «Sin el premio, 'El beato' habría pasado desapercibido»", La Voz de Galicia, 23 de maio de 2016 .

Traxectoria Medalla Castelao (2016). En 2021 foi nomeado fillo predilecto da provincia de Ourense.

Vida persoal

Estivo casado con Margariña Valderrama, con quen tivo dúas fillas.La Voz de Galicia, 25-7-1985, p. 17.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía