dereita|miniatura|Homenaxe da AELG na Estrada ao escritor na súa terra.
Xosé Manuel Martínez Oca, nado na Estrada o 1 de xuño de 1942, é un escritor galego.
Traxectoria Empregado de banca. Entre 1953 e 1963 residiu en Ourense, de alí pasou á Coruña onde se asentou, con períodos en Ferrol, Cee, Madrid e Bilbao. Fixo o servizo militar en 1964 en Sidi Ifni, onde publicou os seus primeiros traballos nunha revista local. O seu primeiro traballo en galego foi publicado en 1976.
Participou no Concurso de Narracións Modesto R. Figueiredo e foi premiado cinco veces. Publicou o seu primeiro relato en galego en 1976, Un home no corral.
Nunha autopoética para o Boletín Galego de Literatura, en 1994, o autor dicía que entende a creación literaria como unha diversión, un modo de desfrutar co exercicio da escrita e contrarrestar, a vacuidade da vida cotiá, enganándose a si mesmo para poderse crer un pequeno deus, creador de mundos e personaxes movidos ao seu antollo.
Colaborou en revistas como Dorna, Man Común, Follas Secas, Luzes de Galiza, Boletín Galego de Literatura ou Madrygal, e tamén en xornais como El Ideal Gallego, La Región, La Voz de Galicia, Diario 16 de Galicia, Faro de Vigo ou A Nosa Terra.
En 2022 a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) distinguiuno como autor "na súa terra" por decisión unánime da súa asemblea de socias e socios. A homenaxe tivo lugar na Estrada o 18 de xuño.
Obras Narrativa A fuxida (1980). Vigo: Xerais. 197 páxs. Un ano e un día (1980). Ediciós do Castro, escrita en 1974.Reedeitada en 1990, na Colección Xabarín de Xerais, 248 páxs. ISBN 9788475075198. A chamada escura dos caborcos (1981). Vigo: Xerais. 200 páxs. ISBN 9788475070391. A espada na auga (1982). Vigo: Edicións Castrelos. 128 páxs. ISBN 978-84-7041-106-9. Beiramar (1983). Vigo: Xerais. 256 páxs. ISBN 9788475071152 Os chapurros (1983). Sada: Ediciós do Castro. 215 páxs. Detrás do silencio (1986). Sotelo Blanco. 160 páxs. ISBN 978-84-86021-41-2 As florestas do Mañuema (1988). Vigo: Xerais. ISBN 9788475073507. A cidade do vento (1992). Vigo: Edicións do Cumio. 96 páxs. ISBN 9788487126567. Os culpables (1993). A Coruña: Vía Láctea Editorial. 144 páxs. ISBN 978-84-86531-77-5. Diario de inverno (1994). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 9788487674471. Violante - A aldea morta (1994). Vigo: Nigra. 61 páxs. ISBN 9788487709296. Náufragos en terra (1995). Vigo: Xerais. 149 páxs. ISBN 9788475079066.Despois incluída na Biblioteca Galega 120. Outono na illa (2004). A Coruña: Biblos Clube de Lectores. 140 páxs. ISBN 9788493332778. O tempo en ningunha parte (2004). Espiral Maior.20px Martínez Oca lendo un fragmento de O tempo en ningunha parte. 261 páxs. ISBN 9788495625755. Como paxaro caído do niño (2006). A Coruña: Baía Edicións. 111 páxs. ISBN 978-84-96526-40-2. O vicio nefando (2009). A Coruña: Baía Edicións. 320 páxs. ISBN 978-8492630073. Tres en raia (2022). A Coruña: Baía Edicións. 266 páxs. ISBN 978-84-9995-385-4.
Ensaio Dos camiños de arrieiros ós pazos da Ulla - Terras de Montes e Tabeirós (2000). Vigo: A Nosa Terra. Libro de viaxes.
Literatura infanto-xuvenil Roi e os seus amigos (1987). Editorial Casals. 190 páxs. ISBN 978-84-218-0846-7. Todo o peso do ceo (1997). Editorial Luis Vives. 48 páxs. ISBN 9788426348883.
Traducións Paulo e Virxinia, de Bernardin de Saint-Pierre (1985). Vigo: Xerais. Maigret na escola, de Georges Simenon (1992). A Coruña: Vía Láctea Editorial.
Obras colectivas Catro narracións (1977). Ediciós do Castro. A fundición e outras narracións (1978). Ediciós do Castro. Traballos premiados no 3º concurso de narracións curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro (1978). Ediciós do Castro. A negra (1979). Ediciós do Castro. Os lóstregos e a carballeira, en Premios Casa de Galicia-Las Palmas (1981). Xerais. Con María Díaz Vidal, Aida Marqueta e Manuel Almeida Suárez. A Gran Novela e outras narracións (1982). Ediciós do Castro. Medusa - Relatos (1984). Sotelo Blanco. Monólogos (1987). Sotelo Blanco. Caderno de viaxe (1989). Vigo: Xerais. O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990) (1990). Galaxia. Sede Central - 2 (1990). Clube Cultural Adiante. Os contos da campaña (1992). Xunta de Galicia. Berra liberdade (1996). Galaxia. Unha liña no ceo (1996). Xerais. Novo do trinque (1997). BNG. Dáme a túa man. Personalidade e obra poética de Xosé Manuel Mosquera Carbón (1999). Asociación Cultural da Estrada. Clásicos e modernos (2000) Universidade da Coruña. Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega. Contos de colonias escolares, belas adormecidas, atentados e tiburóns (2006). Xunta de Galicia.
Premios Accésit no Premio Modesto R. Figueiredo de 1975, por Un home no curral. Accésit no Premio Modesto R. Figueiredo de 1976, por No fondo do espello. Accésit no Premio Modesto R. Figueiredo de 1977, por A figueira. Gañador ex-aequo no Premio Modesto R. Figueiredo de 1978, por A negra. Premio Casa de Galicia-Las Palmas, por Os lóstregos e a carballeira. Finalista do Premio Blanco Amor no 1981, por A chamada escura dos caborcos. Gañador ex-aequo no Premio Modesto R. Figueiredo de 1981, por Noite de luar. Premio Blanco Amor no 1983, por Beiramar. I Premio Manuel Casado Nieto de narrativa, no 1986, por Detrás do silencio. IV Premio Rubia Barcia-Cidade de Ferrol no 2005, por Como paxaro caído do niño.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha do autor na Biblioteca Virtual Galega Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados na Estrada Categoría:Gañadores do Premio Blanco Amor Categoría:Nados en 1942 Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores do francés