O héptatlon é unha competición do atletismo actual que consta de sete probas, realizadas en dous días consecutivos e polo mesmo atleta. O nome ven do grego hepta (sete) e athlon (proba).

Existen dous tipos diferentes de héptatlon, dependendo de se se realiza en pista cuberta ou ó aire libre.

Héptatlon en pista cuberta miniatura|Podio do héptatlon nos Campionatos Europeos de Atletismo en pista cuberta do 2009 en Turín. Proba que se realiza en campionatos de atletismo de pista cuberta. Esta proba realízana os atletas masculinos absolutos.

O primeiro día dispútanse as seguintes probas e nesta orde: 60 metros lisos salto de lonxitude lanzamento de peso salto de altura

No segundo día: 60 metros obstáculos salto con pértega 1000 metros lisos

Héptatlon ó aire libre Esta proba realízase oficialmente en campionatos e só é unha proba feminina. O primeiro día dispútanse as seguintes probas e nesta orde: 100 metros obstáculos salto de altura lanzamento de peso 200 metros lisos

No segundo día: salto de lonxitude lanzamento de xavelina 800 metros lisos

Actualmente, unha das máximas figuras desta modalidade é a sueca Carolina Klüft, campioa olímpica en 2004 e dobre campioa mundial.

O actual récord do mundo de héptatlon mulleres en pista ó aire libre é:

Jackie Joyner-Kersee 7291 pts Seúl, 24 de setembro de 1988

Marcas MarcaAtletaPaísLugarData 7291 Jackie Joyner-Kersee Seúl 24-09-1988 7032 Carolina Klüft Osaka 26-08-2007 7001 Larisa Turchinskaya Bryansk 11-06-1989 6985 Sabine Braun Götzis 31-05-1992 6942 Ghada Shouaa Götzis 26-05-1996 6935 Ramona Neubert Moscova 19-06-1983 6889 Eunice Barber Arlés 05-06-2005 6859 Natalya Shubenkova Kíiv 21-06-1984 6858 Anke Vater-Behmer Seúl 24-09-1988

Véxase tamén Outros artigos Probas combinadas Ligazóns externas Calculadora de puntos para décatlon e héptatlon Calculadora de puntos no héptatlon masculino

Categoría:Atletismo