miniatura|Sergio Álvarez Moya con Wisconsin, "Championat von Hamburg", CSI 5* Hamburgo 2011. Sergio Álvarez Moya, nado en Avilés o 7 de xaneiro de 1985, é un xinete asturiano.

Traxectoria Foi campión de Europa xuvenil no Junior European Show Jumping Championships de 2001, montando o cabalo Flash de la Ramée. Desde 2005 é membro do equipo español de Copa das Nacións."España tiene equipo", El Comercio, 29/8/2007 . En 2006 renunciou ao seu último ano como júnior e disputou o campionato do mundo dese ano.

En xullo de 2010 logrou, co cabalo "Action Breaker", a terceira praza no Gran Premio de Aachen, a proba máis importante do CSI de Aachen.Extraordinario resultado de Sergio Álvarez Moya, tercero en el Gran Premio de Aachen , Ecuestre Online, 18/7/2010. En xuño de 2011 terminou en segunda posición no CSI de Cannes, pertencente ao Global Champions Tour.Magnífico segundo puesto de Sergio Álvarez Moya en el Gran Premio del CSI5* de Cannes , Ecuestre Online, 12/6/2011.

Vida persoal É marido da empresaria galega Marta Ortega, con quen casou en Anceis (Cambre) o 18 de febreiro de 2012 e da que está separado.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Sergio Álvarez na web da Federación Internacional de Equitación.

Categoría:Xinetes e amazonas olímpicos de España Categoría:Nados en Avilés Categoría:Nados en 1985 Categoría:Xinetes e amazonas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Xinetes e amazonas nos Xogos Olímpicos de 2024