Un giorno di regno, ossia il finto Stanislao (en galego Un día de reinado, ou o falso Estanislau) é unha ópera cómica en dous actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Felice Romani baseado na obra de Alexandre Vincent Pineu-Duval, Le faux Stanislas. A ópera foi estreada o 5 de setembro de 1840 no Teatro alla Scala de Milán.
Trátase da segunda ópera de Verdi e a primeira ópera cómica das dúas que compuxo ao longo da súa vida do compositor italiano. A ópera resultou un completo fracaso, ao que contribuíu a súa propia traxedia: a súa primeira dona Margherita Barezzi morreu durante a composición da obra. Verdi non tentou compoñer outra ópera cómica ata o final da súa carreira, con Falstaff.
Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de OperabaseOperabase con só 6 representacións para o período 2005-2010.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 5 de setembro de 1840(Director: -)Caballero Belfiore, falso rei Estanislau I Leszczynski de Polonia barítonoRaffaele FerlottiBarón de Kelbar baixoRaffaele ScaleseMarquesa de Poggio, amante de BelfioresopranoAntonietta Marini-RainieriJulieta de Kelbar, filla do Barón de KelbarmezzosopranoLuigia AbbadiaEduardo de Sanval, amante de JulietatenorLorenzo SalviSr. Rocca, tesoureiro de BretañabaixoAgostino RovereConde Ivrea, prometido da Marquesa de PoggiotenorGiuseppe VaschettiDelmonte, sirviente do falso StanislaobaixoNapoleone Marconi
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Verdi Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Milán Categoría:Óperas estreadas no Teatro alla Scala Categoría:Óperas de 1840