Estevo Vladislav I, Estevo III Vladislav I Nemanjić ou Stefan Vladislav I, en serbio latino Stefan Vladislav I, en serbio cirílico Стефан Владислав I, nado contra 1200 e finado en 1269), foi rei de Serbia desde 12331234, segundo outras fontes. até 1243.Ostrogorsky, Georges (1984): Historia del Estado Bizantino. Ediciones AKAL. ISBN 84-7339-690-1, páx. 571

Vida Era fillo de Estevo II Nemanjić Prvovenčani e neto do gran príncipe Estevo Nemanja e Ana, a neta de Enrico Dandolo, dux de Venecia. miniatura|esquerda|200px|Mosteiro de Mileševa, construído polo rei Vladislav entre 1234 e 1236.

Vladislav derrocou ao seu medio irmán máis vello, o rei Estevo Radoslav, coa axuda do seu sogro Iván Asen II de Bulgaria, adoptando o nome real de Stefan.

Con este cambio substituiuse a influencia do Despotado de Epiro que caracterizou o reinado de Radoslav por unha maior presenza búlgara na política serbia.

Estevo Vladislav asumiu o trono de Serbia tras de ser coroado polo seu tío Sava de Serbia, arcebispo de Serbia (San Sava).

En 1237, Vladislav trasladou o corpo de San Sava desde Tarnovo, lugar no que morrera, ao mosteiro de Mileševa.Foundation for Medieval Genealogy Serbia Consultada o 8/2/2012.

Despois da morte do seu sogro Iván Asen II, durante a invasión de Batu Kan en Europa Central, e durante a primavera de 1243, Estevo Vladislav foi derrocado polo seu irmán máis novo, Estevo Uroš.

Crese que este permitiulle a Vladislav gobernar o Principado de Zeta ou, en calquera caso, non o apartou completamente dun papel activo no goberno.

Do seu matrimonio con Beloslava de Bulgaria, filla de Iván Asen II, Estevo Vladislav tivo tres fillos: Estevo Vladisavljević Desa Vladisavljević, que foi župan (1281-1285) Unha filla, de nome descoñecido, que casou con Djure Kačić, Knez de Omiš.

Tras a súa morte, acontecida non antes de 1264, os seus restos foron depositados no mosteiro de Mileševa, a onde levara os do seu tíuo San Sava.Find a Grave Stefan Vladislav Nemanjic, I Consultada o 8/2/2012.

A bandeira de Serbia

esquerda|miniatura|Reconstrución da bandeira de Serbia tal como a describe un documento de 1281. A descrición máis antiga coñecida dunha bandeira de Serbia é a que se fai en 1281 dunha bandeira no tesouro do rei Estevo Vladislav (1233–1243), que se encontrou na República de Dubrovnik.

A descrición é: "vexillum unum de zendato rubeo et blavo", unha bandeira de tea vermella e azul (zendato-čenda un tipo de tea lixeira, sedosa),D. Samardžić, Vojne zastave Srba do 1918, Beograd: Vojni muzej, 1983.

Porén non se sabe como era o padrón das cores; a bibanda horizontal que se mostra á esquerda ás veces utilízase en conmemoracións de eventos medievais en Serbia.

Como Vladislav reinou desde 1233 até 1243 e morreu despois de 1264, a bandeira é anterior á data en que se describiu, polo tanto probabelmente se utilizara xa ao redor de mediados do século XIII.

Esta bandeira utilizouse até o ano 1918, en que se substituíu pola actual tricolor eslava.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía John V.A. Fine Jr., The Late Medieval Balkans, Ann Arbor, 1987.

Outros artigos Estevo Radoslav Estevo Uroš I Historia de Serbia Historia dos eslavos do sur Reino de Serbia (medieval) Casa de Nemanjić

Categoría:Casa de Nemanjić Categoría:Finados en 1269