miniatura|dereita|Aldosterona. Nome IUPAC: 11β,21-dihidroxi-3,20-dioxopregn-4-en-18-al. Número CAS: 52-39-1.
A aldosterona é unha hormona esteroidePubChem compound AldosteroneChemSpider Aldosterone do grupo dos mineralocorticoides producida pola parte externa da (zona glomerulosa do córtex adrenal da glándula adrenal (ou suprarrenal), que actúa principalmente no túbulo distal e túbulo colector dos nefróns (túbulos funcionais dos riles), e o seu efecto é causar a conservación do sodio, a secreción do potasio, o incremento da retención de auga, e o aumento da presión arterial. O efecto global da aldosterona é incrementar a reabsorción de ións e auga nos riles, o cal aumenta o volume sanguíneo e, por tanto, a presión arterial.
Os fármacos que interfiren coa secreción e acción da aldosterona utilízanse como antihipertensivos. Un exemplo é a espironolactona, que fai diminuír a presión sanguínea ao bloquear o receptor da aldosterona. A aldosterona forma parte do sistema renina-anxiotensina.
A súa actividade está reducida na enfermidade de Addison e incrementada na síndrome de Conn.
Foi illada por Simpson e Tait en 1953.
Síntese Os corticosteroides sintetízanse a partir do colesterol no córtex adrenal. A maioría das reaccións esteroidoxénicas son catalizadas polos encimas da familia do citocromo P450. Están localizados nas mitocondrias e requiren adrenodoxina como cofactor (excepto a 21-hidroxilase e a 17α-hidroxilase).
A aldosterona e a corticosterona comparten a primeira parte da ruta biosintética. A última parte está mediada pola aldosterona sintase (para a aldosterona) ou pola 11β-hidroxilase (para a corticosterona). Estes encimas son case idénticos e comparten as funcións de hidroxilación na posición 11β e hidroxilación na posición 18. Pero a aldosterona sintase pode tamén levar a cabo a oxidación na posición 18. Ademais, a aldosterona sintase encóntrase só na zona glomerulosa no límite externo do córtex adrenal; a 11β-hidroxilase encóntrase na zona fasciculada e na reticular.
miniatura|450px|Esteroidoxénese, coa síntese da aldosterona na parte superior dereita.
Estimulación A síntese de aldosterona é estimulada por varios factores:
Incremento na concentración plasmática de anxiotensina III, un metabolito da anxiotensina II. Incremento no plasma sanguíneo dos niveis de anxiotensina II, ACTH, ou potasio, os cales están presentes en proporción ás deficiencias de sodio no plasma. O aumento do nivel de potasio regula a síntese de aldosterona ao despolarizar as células na zona glomerulosa, o cal abre as canles de calcio dependentes de voltaxe. O nivel de anxiotensina II está regulado pola anxiotensina I, a cal á súa vez está regulada pola hormona renina. Os niveis de potasio son os estimuladores máis importantes da aldosterona. A proba de estimulación da ACTH utilízase ás veces para estimular a produción de aldosterona xunto coa de cortisol para determinar se hai unha insuficiencia adrenal primaria ou secundaria. Porén, a ACTH ten só un papel de menor importancia na regulación da produción de aldosterona; con hipopituitarismo non hai atrofia da zona glomerulosa. Acidose no plasma. Os receptores de estiramento situados nas aurículas do corazón. Cando se detecta un descenso na presión sanguínea, a glándula adrenal é estimulada por estes receptores de estiramento para que libere aldosterona, a cal incrementa a reabsorción de sodio da urina, suor, e intestinos. Isto causa un aumento da osmolaridade no fluído extracelular, o cal finalmente fará tornar á presión sanguínea normal. A adrenoglomerulotropina, un factor lipídico, obtido de extractos da glándula pineal estimula selectivamente a secreción de aldosterona.
A secreción de aldosterona ten un ritmo diúrno.
Funcións A aldosterona é o principal mineralocorticoide endóxeno humano. A desoxicorticosterona é outro membro importante deste grupo de substancias. A aldosterona tende a promover a retención de Na+ e auga, e diminuír a concentración de K+ no plasma polos seguintes mecanismos:
Actuando sobre os receptores de mineralocorticoidess (MR) nucleares nas células principais do túbulo distal e túbulo colector do nefrón dos riles, activa as bombas de Na+/K+ basolaterais, as cales bombean tres ións sodios fóra da célula e á vez dous ións potasio cara ao interior da célula. Isto ten como resultado unha reabsorción de sodio (Na+) e auga (que se absorbe xunto co sodio) cara ao sangue, e a secreción de potasio (K+) na urina (luz do túbulo colector). A aldosterona activa a canle de soido epitelial (ENaC), incrementando a permeabilidade da membrana apical para o Na+. O Cl- é reabsorbido xunto con catións sodio para manter o equilibrio electroquímico do sistema. A aldosterona estimula a excreción de K+ cara á luz do túbulo. A aldosterona estimula a reabsorción de Na+ e auga nas glándulas salivares e sudoríparas intercambiándoo con K+. A aldosterona estimula a secreción de H+ polas células intercalares dos túbulos colectores, regulando os niveis de bicarbonato (HCO3−) do plasma e o seu equilibrio ácido/básico. A aldosterona actúa xunto coa hormona adenohipófise vasopresina (ADH), que contribúe a conservar a auga por medio das súas accións directas sobre a reabsorción tubular renal.
A aldosterona é responsable da reabsorción de aproximadamente o 2% do sodio filtrado nos riles, o cal é case igual ao contido total de sodio do sangue humano cunha taxa de filtración glomerular (GFR) normal.
A aldosterona, moi posiblemente actuando sobre os receptores de mineralocorticoides, pode influenciar positivamente a neuroxénese na circunvolución dentada da rata.
Localización dos receptores Os receptores das hormonas esteroides son intracelulares. O complexo do receptor de mineralocorticoides da aldosterona (MR) únese no ADN a un elemento de resposta á hormona específico, o que causa a transcrición de xenes específicos.
Algúns dos xenes transcritos son fundamentais para o transporte transepitelial de sodio, incluíndo as tres subunidades proteicas da canle de sodio epitelial (ENaC), as bombas de Na+/K+ e as proteínas reguladoras destes, quinases séricas e inducidas por glicocorticoides, e o factor indutor das canles, respectivamente.
O receptor de mineralcorticoides é estimulado pola aldosterona e o cortisol, pero hai un mecanismo que protexe ao corpo do exceso de estimulación do receptor de aldosterona polos glicocorticoides, que están presenten en moita maior concentración cós mineralocorticoides nun individuo san. O mecanismo consiste nun encima chamado 11 β-hidroxiesteroide deshidroxenase (11 β-HSD). Este encima está colocalizado cos receptores de esteroides adrenais intracelulares e converte o cortisol (un mineralcorticoide activo) en cortisona, un metabolito relativamente inactivo con pouca afinidade polo MR. A regalicia, que contén ácido glicirretínico, pode inhibir a 11 β-HSD e causar unha síndrome de exceso de mineralcorticoides.
Control da liberación de aldosterona polo córtex adrenal miniatura|Esquema do sistema renina-anxiotensina, no que se mostra o papel da aldosterona exercido entre as glándulas adrenais e os riles.Page 866-867 (Integration of Salt and Water Balance) and 1059 (The Adrenal Gland) in:
Principais reguladores Papel do sistema renina-anxiotensina
A anxiotensina está implicada na regulación da produción de aldosterona e é o mecanismo central desta regulación. A anxiotensina II actúa sinerxicamente co potasio, e a retroalimentación do potasio é virtualmente inoperativa cando a anxiotensina II non está presente. Unha pequena porción da regulación feita pola anxiotensina II ten que producirse indirectamente debido ao descenso do fluxo sanguíneo no fígado causado pola constrición dos capilares. Cando o fluxo sanguíneo diminúe tamén diminúe a destrución da aldosterona polos encimas do fígado.
Concentración plasmática de potasio A cantidade de aldosterona segregada é función directa da cantidade de potasio sérico, probablemente detectado polos sensores da arteria carótide.
ACTH A ACTH (péptido hipofisario) tamén ten algún efecto estimulante sobre a produción de aldosterona probablemente ao estimular a formación de desoxicorticosterona, un precursor da aldosterona. A aldosterona aumenta cando se perde sangue,Ruch TC Fulton JF 1960 Medical Physiology and Biophysics. W.B. Saunders and Co., Phijl & London. On p1099. no embarazo, e posiblemente por outras circunstancias tales como exercicio físico, shock por endotoxinas, e queimaduras. on 529
Outros reguladores Papel dos nervios simpáticos A produción de aldosterona está tamén afectada polo control nervioso simpático, que depende da presión na arteria corótide,Gann DS Mills IH Bartter 1960 On the hemodynamic parameter mediating increase in aldosterone secretion in the dog. Fed. Proceedings 19; 605-610. dor, postura, e probablemente das emocións como ansiedade, medo, e hostilidade (incluído o estrés cirúrxico). A ansiedade fai aumentar a aldosterona Sharp GUG Leaf A 1966 in; Recent Progress in Hormone Research.(Pincus G, ed..
Papel dos barorreceptores Os barorreceptores sensibles á presión atópanse nas paredes dos vasos sanguíneos de case todas as arterias grandes do tórax e pescozo, pero son especialmente abundantes nos seos das arterias carótides e no caxato da aorta. Estes receptores especializados son sensibles aos cambios na presión arterial media. Un incremento na presión orixina un incremento no envío de impulsos dos barorreceptores e unha resposta de retroalimentación negativa, que baixa a presión arterial sistémica. A liberación de aldosterona causa a retención de sodio e auga, o cal causa un aumento do volume sanguíneo, e un incremento da presión sanguínea, pero este aumento será detectado polos barorreceptores e empezará a resposta de retroalimentación negativa.Copstead, E. C. & Banasik, J. L. (2010.) Pathophysiology. (4th ed.). St. Louis, Mo: Saunders Elsevier. Para manter a homeostase normal estes receptores tamén detectan a presión sanguínea baixa e o volume sanguíneo baixo, o que causa a liberación de aldosterona. Isto ten como resultado a retención de sodio nos riles, retención de auga e aumento do volume sanguíneo.Marieb, E. N. (2004) Human anatomy and physiology (6th ed) San Francisco: Pearson Benjamin Cummings.
Papel do aparato xustaglomerular
Realízase a través do sistema renina-anxiotensina-aldosterona (RAAS)
Concentración plasmática de sodio A cantidade de aldosterona é unha función inversa ao consumo de sodio detectado pola presión osmótica. A pendente da resposta da aldosterona ao potasio sérico é case independente do consumo de sodio. A aldosterona aumenta moito con consumos baixos de sodio, pero o grao de incremento de aldosterona plasmática cando aumento o potasio no soro non é moito menor cando o consumo de sodio é alto que cando é baixo. Así, o potasio está fortemente regulado en todos os graos de consumo de sodio pola aldosterona cando a subministración de potasio é o axeitado, como ocorre normalmente nas dietas primitivas.
Control por retroalimentación A propia concentración de aldosterona exerce un control por retroalimentación, que é pouco potente comparado coa retroalimentación por electrólitos (ións disoltos) a curto prazo.
Enfermidades asociadas No hiperaldosteronismo están incrementados anormalmente os niveis de aldosterona, e no hipoaldosteronismo están anormalmente baixos.
Límites superiores do rango de referencia da aldosterona plasmática Adulto levantado, 8-10 am 34.0New Assays for Aldosterone, Renin and Parathyroid Hormone University of Washington, Department of Laboratory Medicine. Retrieved Mars 2011 ng/dL 940Conversión a partir dos valores das masas utilizando unha masa molar de 360,44 g/mol pmol/L Adulto supino, 8-10 am 19,0 ng/dL 530 pmol/L Adulto levantado, 4-6 pm 23,0 ng/dL 640 pmol/L