Los cronocrímenes é un filme español dirixido por Nacho Vigalondo que se estreou no 2007.
Sinopse Un home descobre a través dos seus prismáticos unha fermosa rapaza espíndose e intenta atopala na profundidade do bosque. De súpeto, un individuo armado cunhas tesoiras e coa cara vendada atácao polas costas, a pesar do cal, consegue fuxir e chegar a un laboratorio científico. Alí, unha máquina ofrécelle a oportunidade de realizar unha viaxe extraordinaria, unha viaxe na que a posibilidade de atoparse a si mesmo será a primeira dunha serie de catástrofes imprevisíbeis.
Personaxes Karra Elejalde como Héctor Candela Fernández como Clara Bárbara Goenaga como a rapaza do bosque Nacho Vigalondo o científico
Galardóns e nomeamentos 2008: XXIII edición dos Premios Goya, Nomeado a Mellor Director Novel (Nacho Vigalondo). 2007: Festival de Sitges: Sección oficial longametraxes a concurso.
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Nacho Vigalondo Categoría:Filmes de viaxes no tempo Categoría:Filmes ambientados en 2006