A Torre de la Plata é unha torre octogonal do século XIII, situada na rúa Santander da cidade de Sevilla, Andalucía (España), que se unía por un pano da muralla da cidade que foi derrubado en 1821 á Torre del Oro.
En tempos de Afonso X, era tamén coñecida como torre dos Azacanes. No século XVIII, foi parcialmente ocultada pola construción dunha serie de vivendas segundo o proxecto do arquitecto italiano Vermondo Resta. A finais do século XX, foi utilizada como acubillo por indixentes. Foi restaurada parcialmente en 1992. Atópase nun estado pésimo sendo a vexetación a que alaga grandes partes do espazo.
Na actualidade un muro da nosa época divide un patio adxacente cun aparcadoiro, sobre o que no século XVII situouse o Curral das Herrerías.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Torre del Oro
Categoría:Arquitectura en Sevilla