A Liga de Campións da UEFA 1997-98 foi a edición número 43 da máxima competición europea de fútbol a nivel de clubs organizada pola UEFA. As roldas previas da competición leváronse a cabo entre xullo e agosto. A fase de grupos comezou en setembro e rematou en decembro. Os cuartos de final foron en marzo, as semifinais en abril, e a final foi o 20 de maio de 1998. Na final enfrontáronse o subcampión da edición anterior, o Juventus FC, e mailo campión español, o Real Madrid, que venceu por 1 gol a 0.

Fase de Grupos Os 8 equipos que non tiveron que pasar pola fase previa eran: Borussia Dortmund, Juventus FC, Manchester United, Real Madrid, PSV Eindhoven, FC Porto, Bayern Múnic e AS Mónaco. Os outros 16 equipos que participaron na fase de grupos foron o que se clasificaron nas roldas previas.

Grupo A Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. Borussia Dortmund156501143+112. Parma9623165+13. AC Sparta Praha56123611−54. Galatasaray46114411−7

Grupo B Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. Manchester United156501145+92. Juventus FC126402128+43. Feyenoord96303810-24. FC Košice06006213-11

Grupo C Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. Dínamo de Kiev116321136+72. PSV Eindhoven9623198+13. Newcastle United7621378-14. FC Barcelona56123714-7

Grupo D Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. Real Madrid136411154+112. Rosenborg116321138+53. Olympiakos56123614-84. FC Porto46114311-8

Grupo E Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. FC Bayern Múnic126402136+72. Paris Saint-Germain1264021110+13. Beşiktaş JK6620469-34. IFK Göteborg6620449-5

Grupo F Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. AS Mónaco136411158+72. Bayer 04 Leverkusen136411117+43. Sporting Lisboa76213911-24. Lierse SK16015312-9

O mellor equipo de cada grupo acadou a clasificación para os cuartos de final da competición. As 2 prazas restantes foron para os 2 equipos con mellor puntuación dos 6 que remataron segundos: Grupo Segundos de grupo Pts PX PG PE PP GF GC DifF Bayer 04 Leverkusen6411117+413B Juventus FC6402128+412E Paris Saint-Germain64021110+112D Rosenborg BK6321138+511C PSV Eindhoven623198+19A Parma FC623165+19 Eliminatorias

O cadro das eliminatorias finais polo título de campión de Europa quedaron do seguinte xeito:

O Juventus FC adestrado por Marcello Lippi acadaba a súa 3ª final consecutiva, con xogadores como Alessandro Del Piero (máximo goleador da competición con 10 goles), Zinedine Zidane, Didier Deschamps, Edgar Davids e Filippo Inzaghi. A vitoria do Real Madrid na final de Ámsterdan, grazas ó gol do montenegrino Predrag Mijatović no minuto 66 en posible fóra de xogo, supuxo a sétima coroa continental para o club madrileño, e a primeira en 32 anos. O adestrador do equipo era o alemán Jupp Heynckes, e no cadro de xogadores salientaban os nomes de Raúl González, Roberto Carlos, Clarence Seedorf, Fernando Redondo, Fernando Hierro e Davor Šuker.

Véxase tamén Outros artigos Liga de Campións da UEFA UEFA Real Madrid Juventus FC Ligazóns externas Páxina oficial da UEFA

Categoría:Fútbol en 1998 Categoría:Liga de Campións da UEFA