Battle for the Planet of the Apes é un filme estadounidense dirixido por J. Lee Thompson que se estreou en 1973.
Sinopse Caesar, o simio que capitaneou a revolta contra a raza humana, é un benévolo gobernante que fomenta a convivencia coa humanidade, a pesar das protestas do xefe militar dos simios, o Xeneral Aldo (Claude Akins). Os homes, superviventes dun holocausto nuclear que case os destrúe, son considerados cidadáns de segunda clase. Caesar decide realizar unha viaxe á "Cidade Prohibida" co humano MacDonald (Austin Stoker) e o sabio Virgil (Paul Williams) na busca dunhas cintas nas que estaría gravada a morte dos seus pais. Aínda que Caesar atopa o que está buscando, capta a atención de homes mutantes que se encontran na devastada zona de guerra. De regreso a casa comeza unha dura batalla na que o Xeneral Aldo desafía a autoridade de Caesar. Simios e humanos enfrontaranse para decidir quen gobernará o planeta.
Personaxes Roddy McDowall como Caesar Claude Akins como Aldo Natalie Trundy como Lisa Serven Darden como Kolp Austin Stoker como MacDonald John Huston como Líder dos macacos e narrador da historia Len Ayres como Mandemus Paul Williams como Virgil
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 1973 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por J. Lee Thompson Categoría:Filmes de ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes ambientados en América do Norte Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes sobre primates Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América