Tywon "Ty" Ronell Lawson, nado o 3 de novembro de 1987 en Clinton, Maryland, é un xogador profesional americano de baloncesto que xoga no Kolossos Rodou B.C. da A1 Ethniki.

Traxectoria NBA Lawson foi elixido na 18ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Minnesota Timberwolves. Porén, Minnesota elixira a outros dous bases no Draft, e quixeron desfacerse del. Isto deu aos Nuggets a oportunidade de conseguir a un xogador de calidade, e traspasaron a unha futura elección do Draft a Minnesota a cambio de Lawson.Stapleton, Arnie. Wolves trade Lawson to Denver, USA Today, 25 de xuño de 2009.Taylor, Nate. Last first-round pick delivers guard only sweep , Minneapolis Star-Tribune, 26 de xuño de 2009. Lawson tivo unha mellor oportunidade en Denver, xa que era o suplente de Chauncey Billups.

Tras o traspaso que mandou a Billups aos New York Knicks o 22 de febreiro de 2011, o mesmo que mandou a Carmelo Anthony aos Knicks, Lawson converteuse no base titular dos Nuggets. O 9 de abril de 2011, Lawson converteuse no primeiro xogador da historia da NBA en anotar os seus primeiros 10 intentos de tres puntos.

Europa O 15 de agosto de 2011, asinou un contrato dun ano co BC Žalgiris. O acordo incluía unha cláusula que lle permitía volver aos Denver Nuggets unha vez rematara o lockout de 2011.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Maryland Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores do BC Žalgiris Kaunas Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Shandong Heroes Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Fujian Sturgeons Categoría:Xogadores do Kolossos Rodou BC