Eusebio da Guarda González, nado na Coruña en 1825 e finado na mesma cidade o 20 de marzo de 1897, foi traficante de escravos, empresario e filántropo galego.

Traxectoria Fillo dun zapateiro portugués chamado Gonzalo da Guarda e dunha coruñesa chamada Lorenza González, formouse como piloto e ingresou na mariña mercante en 1843 co nomeamento de "terceiro piloto". Traballou co armador e traficante de escravos Juan Menéndez Fuertes . Figura co apelido como capitán dun buque negreiro, o falso bergantín portugués nomeado Constante Amizade, capturado polos británicos. Acadou para A Coruña a representación dos vapores de Antonio López e da Compañía Transatlántica Española.

Menéndez finou en 1852 e dous anos despois da Guarda casou coa súa viúva, Modesta Goicouría Cabrera, once anos máis vella ca el. Xunto con ela reuniu unha gran fortuna que empregou na construción de grandes edificios. Os traficantes de escravos caracterizáronse por dedicar parte da súa fortuna a obras filantrópicas: Ramón Plá creou a Fundación Amboage; Antonio López, a Universidade Pontificia Comillas; José Xifré, o hospital de Arenys de Mar... O propio papa Gregorio XVI condenou en 1839 este infame comercio na carta apostólica In supremo apostolatus fastigio. Da Guarda construíu o Instituto de Segunda Ensinanza, as Escolas da Guarda e o mercado da praza de Lugo. Realizou a reconstrución da igrexa de Santo André, propiedade do gremio de mareantes (cos que mantivo un preito de nove anos) coa condición de que el e a súa dona fosen enterrados nela. A igrexa é unha capela castrense dende 1937.

Para Luís Alonso Álvarez: "Da Guarda constitúe o paradigma do traficante galego que abandona as actividades ilegais e inviste nas relacionadas co transporte marítimo e sobre todo na banca".

Vida persoal Casou con Modesta Goucouría, que anteriormente estivera casada co seu socio Juan Menéndez Fuertes.

Galería miniatura|page=259|Eusebio da Guarda en Hijos ilustres de Galicia, de Manuel Curros Enríquez.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Alonso Álvarez, Luis (7/6/2024). "A propósito de Eusebio da Guarda e o tráfico de escravizados na Galicia do século XIX". Praza Pública. Curros Enríquez (1911). "Eusebio da Guarda" pp. 253-256. Hijos ilustres de Galicia. Obras Completas v. IV. Madrid. Hernando . Meijide Pardo, Antonio (1991). Eusebio da Guarda y el Instituto de 2ª enseñanza de La Coruña. La Voz de Galicia. ISBN 84-85287-84-3 .

Ligazóns externas Biografía

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1825 Categoría:Finados en 1897 Categoría:Escravitude