A Asociación Liberal do Estudantado Galego (ALEGa) é unha asociación estudantil de ámbito galego que ten coma obxectivo promover e potenciar os valores liberais entre a mocidade galega amosando as virtudes que oferta o liberalismo nos diversos eidos (económico, individual, social, nacional, cultural...).

ALEGa foi rexistrada na Xunta de Galicia en febreiro do 2012 e está integrada dentro da familia liberal galega xunto á Asociación Galega para a Liberdade e a Democracia (GALIDEM) e Converxencia XXI.

Ten como ámbito de actuación o territorio comprendido pola comunidade autónoma de Galicia.

Nas Asembleas Xerais celebradas en Santiago de Compostela, os membros de ALEGa decidiron poñer en funcionamento as áreas estratéxicas de "relacións internacionais", "comunicación e relacións externas", "difusión e rede" e "expansión e innovación".

Estivo representada polo seu secretario de relacións internacionais no Congreso do LYMEC (European Liberal Youth), que tivo lugar os días 11-13 de maio de 2012 en Copenhague.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog da asociación

Categoría:Asociacións de estudantes Categoría:Asociacións de Galicia