A bandeira de Gambia, deseñada por Pa Louis Thomasi, consiste en tres barras horizontais de cor vermella, azul e verde. As cores están separadas por franxas brancas. O vermello na parte superior simboliza o sol e a sabana. No centro, a cor azul representa o río Gambia que cruza a nación. O verde simboliza a terra e os bosques. As franxas brancas representan a paz.
A bandeira foi oficialmente adoptada o 18 de febreiro de 1965, día da independencia do país do Reino Unido.
Bandeiras históricas
Véxase tamén
Ligazóns externas Bandeiras do Mundo - Gambia
Categoría:Símbolos de Gambia Gambia Gambia