miniatura|Explorer 24 antes do seu lanzamento. A serie de satélites Air Density ou AD foi un conxunto de satélites dentro do programa Explorer adicados á investigación das capas altas da atmosfera. Ían equipados un transpondedor para o seu seguimento. A serie AD formárona os seguintes satélites:

Explorer S-56: non chegou a alcanzar órbita. Explorer 9 (S-56A): foi o primeiro da serie en alcanzar órbita e completar a súa misión. Explorer 19 (AD-A): alcanzou órbita, pero cunha altitude inferior á planeada. O transpondedor non emitiu coa potencia prevista, polo que só se puido seguir opticamente. Explorer 24 (AD-B): foi posto en órbita xunto con Explorer 25 (adicado ó estudo das partículas enerxéticas) nun só lanzamento, cumprindo con éxito a súa misión. Explorer 39 (AD-C): alcanzou órbita sendo lanzado xunto con Explorer 40. O transpondedor deixou de emitir prematuramente, sendo despois seguido opticamente.

Notas

Categoría:Programa Explorer