O Gran Premio de Mónaco de 1957 foi unha carreira de Fórmula Un, celebrada o 19 de maio de 1957 en Mónaco. Foi a segunda carreira da tempada de Fórmula Un de .
Sumario
A pesar dun comezo vacilante, Moss liderou a primeira volta diante de Collins, Fangio e Hawthorn. Na 4ª volta na saída do túnel, había un caos. Moss pasou directamente a través da chicane, enviando restos da barreira esnaquizada dentro do circuíto.Kettlewell, Mike. "Monaco: Road Racing on the Riviera", in Northey, Tom, editor. World of Automobiles (London: Orbis, 1974), Volume 12, p.1383. Collins estrelouse contra as barreiras laterais do peirao tratando de evitaloKettlewell, p.1383.. Fangio e Brooks frearon para pasar a través do tumulto. O esforzo de Brooks foi en balde, foi golpeado polo Ferrari de Mike Hawthorn, que perdeu unha roda. Fangio tomou o liderado sobre o danado coche de Brooks e achegouno á bandeira a cadros.
Na volta 96, a só nove para o final, Von Trips perdeu o terceiro lugar, cando o seu motor explotou. Brabham ocupou o posto, pero que á súa vez perdeu o lugar cando o motor do seu Cooper T43 - Climax. parouse no Casino a cinco voltas antes do final. Deslizouse en punto morto ata o porto e empuxou o coche ata a meta para rematar no 6º lugar.
Clasificación
Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 32 Juan Manuel Fangio Maserati 105 3:10:12.8 1 9 2 20 Tony Brooks Vanwall 105 +25.2 secs 4 6 3 2 Masten Gregory Maserati 103 +2 voltas 10 4 4 10 Stuart Lewis-Evans Connaught-Alta 102 +3 voltas 13 3 5 30 Maurice Trintignant Ferrari 100 +5 voltas 6 2 6 14 Jack Brabham Cooper-Climax 100 +5 voltas 15 Ret 24 Wolfgang von Trips Mike Hawthorn Ferrari 95 Motor 9 Ret 34 Giorgio Scarlatti Harry Schell Maserati 64 Fuga aceite 14 Ret 6 Ron Flockhart BRM 60 Motor 11 Ret 36 Carlos Menditeguy Maserati 51 Trompo 7 Ret 12 Ivor Bueb Connaught-Alta 47 Fuga combustible 16 Ret 38 Harry Schell Maserati 23 Suspensión 8 Ret 22 Horace Gould Maserati 10 Accidente 12 Ret 26 Peter Collins Ferrari 4 Accidente 2 Ret 18 Stirling Moss Vanwall 4 Accidente 3 Ret 28 Mike Hawthorn Ferrari 4 Accidente 5 NSC 8 Roy Salvadori BRM NSC 40 Hans Herrmann Maserati NSC 4 André Simon Maserati NSC 42 Luigi Piotti Maserati NSC 16 Les Leston Cooper-Climax
Notas Pole position: Juan Manuel Fangio - 1:42.7 Volta rápida: Juan Manuel Fangio - 1:45.6 Líder por volta: Stirling Moss 4 voltas (1-4); Juan Manuel Fangio 101 voltas (5-105). Unidades compartidass: Coche 24: Wolfgang von Trips (92 voltas) e Mike Hawthorn (3 voltas). Coche 34: Giorgio Scarlatti (42 voltas) e Harry Schell (22 voltas). Debut nun Gran Premio: Ivor Bueb, Masten Gregory, e Stuart Lewis-Evans. Primeira vez: Tony Brooks e Masten Gregory (puntos e podio); Stuart Lewis-Evans (puntos); Vanwall (podo). Primeiro podio para un americano na Fórmula 1 (Masten Gregory).
Posicións logo da carreira Pos Piloto Puntos 1 Juan Manuel Fangio 17 2 Jean Behra 6 3 Tony Brooks 6 4 Carlos Menditeguy 4 5 Masten Gregory 4 Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Fontes
Kettlewell, Mike. "Monaco: Road Racing on the Riviera", in Northey, Tom, editor. World of Automobiles, Volume 12, pp. 1381–4. Londres: Orbis, 1974.
Ligazóns externas
Categoría:Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1 Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1957