Na mitoloxía grega, Toosa (en grego antigo Θόωσα Thoōsa) era unha ninfa mariña filla de Forcis e Ceto e irmá das Gorgonas. Foi unha das amantes de Poseidón, con quen tivo ao ciclope Polifemo.
Probablemente foi unha deusa das perigosas correntes mariñas e concibiuse como unha muller serea cunha cola serpentina de peixe en lugar de pernas, de forma parecida ás súas irmás Escila e Equidna.
Véxase tamén Bibliografía Apolodoro, Epítome vii.4. Homero, Odisea i.70. Ligazóns externas Thoosa en Theoi Project
Categoría:Ninfas