miniatura|dereita|250px|O Lotus 18 do Rob Walker Racing que Stirling Moss levou a vitoria no Gran Premio de Mónaco de 1961. O Gran Premio de Mónaco de 1961 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 14 de maio de 1961 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a primeira carreira do Campionato do Mundo de pilotos de , e a primeira carreira do Campionato Mundial baixo as novas regulacións de motor de 1,5 litros.http://www.grandprix.com/gpe/rr095.html 1961 Monaco Grand Prix report from grandprix.com
Informe Cualificación As erráticas variacións anuais dos regulamentos de clasificación de Mónaco garantiron un lugar na grella para os equipos de fábrica e anteriores gañadores en 1961. Polo tanto os cinco equipos de fábrica adxudicáronse dúas prazas cada un na grella, mentres que Stirling Moss e Maurice Trintignant os obtiveron por puntos. Isto deixou a nove pilotos pelexando polos catro postos restantes. Quedou un quinto sitio cando Innes Ireland estrelouse durante a última sesión de adestramentos, rompéndose a perna. Moss logrou a pole position diante de Richie Ginther e Jim Clark, con Graham Hill e Phil Hill na segunda fila.
Carreira Ginther adiantou Clark e Moss na primeira curva, pero Clark rapidamente tivo problemas coa bomba de combustible. Ginther caeu ao terceiro posto na volta 14, cando Moss e Bonnier pasaronlle case ao mesmo tempo. No primeiro cuarto de carreira, Moss xa tiña 10 segundos de vantaxe (no pouco potente Lotus 18 - Climax)Kettlewell, Mike. "Monaco: Road Racing on the Riviera", in Northey, Tom, editor. World of Automobiles (London: Orbis, 1974), Volume 12, p.1384., pero os Ferrari de Hill e logo o de Ginther comezaron a pechar a brecha. A media carreira, Moss lideraba por 8 segundos, que baixaron a 3 segundos na volta 60. Ginther alcanzou o segundo lugar na volta 75 e tratou de pechar a brecha, pero Moss demostrou ser capaz de igualar os seus tempos de volta, a pesar da vantaxe en potencia de cabalos do 156.Kettlewell, p.1384.
Clasificación
Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 20 Stirling Moss Lotus-Climax 100 2:45:50.1 1 9 2 36 Richie Ginther Ferrari 100 +3.6 segs 2 6 3 38 Phil Hill Ferrari 100 +41.3 segs 5 4 4 40 Wolfgang von Trips Ferrari 98 Accidente 6 3 5 4 Dan Gurney Porsche 98 +2 voltas 10 2 6 26 Bruce McLaren Cooper-Climax 95 +5 voltas 7 1 7 42 Maurice Trintignant Cooper-Maserati 95 +5 voltas 15 8 32 Cliff Allison Lotus-Climax 93 +7 voltas 14 9 6 Hans Herrmann Porsche 91 +9 voltas 12 10 28 Jim Clark Lotus-Climax 89 +11 voltas 3 11 22 John Surtees Cooper-Climax 68 Motor 11 12 2 Jo Bonnier Porsche 59 Inxección 9 13 16 Tony Brooks BRM-Climax 54 Motor 8 Ret 8 Michael May Lotus-Climax 42 Tubo aceite 13 Ret 24 Jack Brabham Cooper-Climax 38 Encendido 16 Ret 18 Graham Hill BRM-Climax 11 Bomba combustible 4 NTS 30 Innes Ireland Lotus-Climax Lesións na practica NSC 34 Henry Taylor Lotus-Climax NSC 14 Masten Gregory Cooper-Climax NSC 10 Lucien Bianchi Emeryson-Maserati NSC 12 Olivier Gendebien Emeryson-Maserati
Notas Pole position: Stirling Moss - 1:39.1 Volta rápida: Richie Ginther e Stirling Moss – 1:36.3 Líder por voltas: Richie Ginther 13 voltas (1-13); Stirling Moss 87 voltas (14-100). Stirling Moss quitou os paneis laterais do seu obsoleto Lotus 18 para mantelo fresco
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 1 Stirling Moss 9 2 Richie Ginther 6 3 Phil Hill 4 4 Wolfgang von Trips 3 5 Dan Gurney 2
Clasificación no campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Lotus-Climax8 2 Ferrari6 3 Porsche2 4 Cooper-Climax1
Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Ligazóns externas
Notas
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1961 Categoría:Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1