Explorer 17, tamén denominado AE-A (Atmospheric Explorer A) e S-6, foi un satélite científico da NASA pertencente á serie Atmosphere Explorer lanzado o 3 de abril de 1963 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral a bordo dun foguete Delta D.

Características Explorer 17 tiña forma de esfera de 0,95 m de diámetro feita de aceiro inoxidable e cun espesor de 0,6 mm. Estabilizábase mediante xiro e foi selado no baleiro para evita-la contaminación da atmosfera local. Foi inxectado inicialmente nunha órbita de 891 km de apoxeo, 254 km de perixeo e unha inclinación orbital de 57,6 graos.

A alimentación eléctrica procedía de baterías de cinc e prata. Explorer 17 non usaba células solares debido ó proble de solta de gases que presentan e que podían falsear as medicións. As baterías fallaron o 10 de xullo de 1963 e o satélite reentrou na atmosfera o 24 de novembro de 1966.

Instrumentos Explorer 17 levaba a bordo catro medidores de presión para a medición da densidade de partículas neutras, dous espectrómetros de masas para a medición da concentración de certo tipo de partículas neutras, e dúas sondas electrostáticas para medi-la concentración de ións e a temperatura de electróns.

Despois do lanzamento un dos medidores de presión e un dos espectrómetros fallaron. O outro espectrómetro funcionou intermitentemente.

Resultados miniatura|Esquema do interior de Explorer 17. Explorer 17 axudou a perfila-lo comportamento da ionosfera a latitudes medias, descubrindo que a temperatura de electróns aumenta rapidamente entre o lado diúrno e o nocturno, pasando duns valores nocturnos duns 1100 K a un pico de 2700 K a media mañá para pasar a unha chaira duns 2000 K a horas vespertinas. Os medirores de presión axudaron a obter as densidades da atmosfera ás altitudes da órbita do satélite e comparalas coas calculadas co arrastre sufrido polo satélite.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Explorer 32 Explorer 51 Explorer 54 Explorer 55

Ligazóns externas Modelo do Explorer 17 exposto no Museo Smithsonian

Categoría:Programa Explorer