James Andrew Jones, nado en Miami (Florida) o 4 de outubro de 1980, é un ex xogador americano de baloncesto profesional que xogou 14 tempadas na National Basketball Association (NBA). Actualmente é o vicepresidente de operacións baloncestísticas dos Phoenix Suns da NBA.
Traxectoria deportiva Jones foi seleccionado na 49ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Indiana Pacers, tras saír da Universidade de Miami.Trail Blazers Acquire James Jones and Draft Rights to Rudy Fernandez, Waive Steve Francis Tras xogar tan só 26 minutos en seis partidos durante a súa tempada coma rookie, xogou case a tempada enteira na 2004-05, facendo 4.9 puntos por partido, e quedando 25ª na liga en porcentaxe de triplas anotadas (39.8%).
O 25 de agosto de 2005, foi traspasado aos Phoenix Suns, a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2008.Pacers Obtain Pick from Suns for Jones
En xuño de 2007, foi traspasado aos Portland Trail Blazers xunto cos dereitos de Rudy Fernández, a cambio de diñeiro. Durante a súa primeira tempada en Portland, Jones mantívose no máis alto nas listas de porcentaxe de anotación de triplas, e rematou 3º cunha porcentaxe dun 44.4%. Malia a súa alta porcentaxe en triplas, non foi escollido para participar no concurso de triplas do All-Star Weekend da NBA de 2008.
O 26 de xuño de 2008, Jones usou a súa opción de xogador para converterse en axente libre e deixar Portland ao remate da tempada. O 9 de xullo de 2008, Jones asinou un contrato cos Miami Heat por 5 anos, cun valor de 23.2 millóns de dólares.
O 29 de xuño de 2010, foi cortado polos Heat para liberar espazo salarial, pero o 19 de xullo asinou de novo con Miami co salario mínimo.HEAT Re-Signs James Jones
O 19 de febreiro de 2011, gañou o concurso de triplas do All-Star Weekend de 2010, no Staples Center dos Ánxeles. Ao ano seguinte, participou de novo en Orlando, pero quedou eliminado na primeira rolda do concurso.
O 5 de agosto de 2014, asinou cos Cleveland Cavaliers.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com
Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Miami, Florida Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Indiana Pacers