María de Villota Comba, nada en Madrid o 13 de xaneiro de 1980 e finada en Sevilla o 11 de outubro de 2013, foi unha piloto española de coches de carreiras. Era filla do expiloto de Fórmula 1 Emilio de Villota e irmá de Emilio de Villota Jr., quen do mesmo xeito que a súa irmá competiu na Formula Palmer Audi.

Carreira De Villota competiu na World Touring Car Championship e nas ADAC Procar Series. En agosto de 2009, asinou un contrato co Atlético de Madrid polo resto da tempada na Superleague Formula.

O 18 de agosto de 2011, o equipo Lotus Renault GP confirmou que De Villota fixera unha proba de debut na Fórmula 1 nun Renault R29 no circuíto Paul Ricard, e estaban en conversacións para conseguir un asento como piloto de probas na F1,F1: Female Driver De Villota In Talks For F1 Test Seat Speed.com. Posted August 19, 2011. GMM Newswire.. En decembro reiterou o seu desexo de traballar co equipo en 2011, engadindo que estaba en conversacións avanzadas para o papel de terceiro piloto.

O 7 de marzo de 2012, anunciouse que María de Villota uniuse a Marussia F1 Team como piloto de probas, coa oportunidade de probar o coche de F1 a finais de ano.

O 3 de xullo de 2012 sufriu un grave accidente no aeródromo de Duxford (Cambridgeshire, Reino Unido) mentres realizaba unhas probas de aerodinámica para o seu equipo. A súa vida chegou a correr serio perigo, pero tras unha rápida intervención dos servizos de urxencia estabilizóuselle. Desafortunadamente, a causa do accidente, María perdeu o ollo dereito. O accidente tivo lugar por un sistema que teñen os coches de F1. Cando o motor alcanza un nivel de revolucións baixo, o sistema aumenta as revolucións ao 50% da potencia actual. O accidente ocorreu cando o coche de María estaba ao ralentí e chocou contra un tráiler aparcado a pé de pista e coa rampla a media altura o que fixo que o accidente fóra de maior gravidade."María de Villota, intervenida de una fractura de cráneo tras su grave accidente en Duxford", rtve.es . Pouco máis dun ano despois do accidente é atopada morta nun hotel de Sevilla, días antes de pronunciar unha conferencia e de presentar o seu libro La vida es un regalo.

Palmarés Superleague Formula 2009 Nota: As carreiras en negra indican pole position. As carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Club Equipo 1 2 3 4 5 6 Posición Puntos 2009 Atlético Madrid Alan Docking Racing MAG ZOL DON EST MOZ JAR 15º 202 14 13 14 10 17 7

2009 Super Final Results Os puntos dos resultados da Super Final en 2009 non contaban para o campionato principal. Ano Club 1 2 3 4 5 62009 '''Atlético MadridAlan Docking Racing''' MAG ZOL DON ESTNSC MOZN/A JARNSC

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Career statistics from Driver Database

Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1980 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo