Agustín José Antuña Alonso, nado en La Felguera (Asturias) o 19 de marzo de 1927, e finado en Xixón o 10 de marzo de 2012,ElComercio.es: Fallece Agustín Antuña, primer presidente de la Junta foi un avogado e político asturiano da Unión de Centro Democrático (UCD).
Licenciouse en Dereito na Universidade de Oviedo.
Entre 1979 e 1983 foi cabeza de lista do concello de Xixón pola UCD sendo concelleiro e xefe da oposición, cargo que compaxinou co de Presidente da Deputación Provincial de Oviedo. Permanece nese posto até a aprobación do Estatuto de Autonomía asturiano o 6 de marzo de 1982, co cal a Deputación intégrase na Administración Autonómica converténdose na Xunta Xeral do Principado de Asturias e Agustín Antuña convértese no seu primeiro presidente provisional, posto que ocupa até o 14 de xaneiro de 1983.
Máis tarde desempeñou diversos cargos como o de decano do Colexio de Avogados de Xixón (1990-2000), conselleiro do Consello Xeral da Avogacía, vicepresidente da Cámara da Propiedade Urbana de Xixón e desde 1980 patrono-fundador da Fundación Príncipe de Asturias.
Concedéronselle varias distincións como a Gran Cruz de San Raimundo de Peñafort e a Insignia de Ouro do Colexio de Avogados de Xixón. É así mesmo, membro de honra da Academia de Medicina do Principado e é membro de número da Academia de Xurisprudencia do Principado.
Foi presidente da Fundación Foro Jovellanos do Principado de Asturias entre marzo de 1998 e o mesmo mes de 2002.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía de Agustín José Antuña Alonso, na Real Academia de Medicina del Principado de Asturias .
Categoría:Deputados da Xunta Xeral do Principado de Asturias Categoría:Políticos de UCD Categoría:Nados en La Felguera Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2012