Kętrzyn (en polaco e oficinalmente, pronunciado /ˈkɛntʂɨn/; en ; antigamente en ), é un municipio do noroeste de Polonia que en 2004 tiña unha poboación de 28.351 habitantes. Actualmente pertence ao voivodato de Varmia e Masuria, mais entre 1975 e 1998 foi parte do de Olsztyn. É a capital do condado de Kętrzyn, e recibiu o seu nome en 1950 do historiador Wojciech Kętrzyński.

Historia Os poboadores orixinais da rexión foron a tribo báltica dos aesti, mencionados polo historiador romano Tácito na súa obra Xermania. A vila, coñecida en alemán como Rastenburg e en polaco como Rastembork, foi establecida en 1329 no Estado da Orde Teutónica e lle foron recoñecidos os dereitos de vila en 1357.

En 1914, durante a primeira guerra mundial, foi escenario da batalla dos lagos de Masuria durante a campaña de Tannenberg. Durante a segunda guerra mundial foi o lugar onde Adolf Hitler tivo os seus cuarteis militares, chamados Wolfsschanze, e que estaban localizados nun bosque ao leste da poboación. En 1945 a zona foi devastada polos alemáns en retirada e polo avance dos soviéticos na campaña de Vistula-Oder. A vila foi ocupada polo Exército Vermello en 1945 preto do fin da guerra. Logo da guerra, pasou a pertencer a Polonia, como foi acordado na Conferencia de Potsdam. Os residentes alemáns que non foran evacuados foron expulsados e substituídos por polacos. A vila foi renomeada como Rastembork en 1945, e máis adiante, en 1950, cambiou novamente o seu nome polo actual, Kętrzyn.

Persoas vencelladas a Kętrzyn Karl Bogislaus Reichert Elisabet Boehm Arno Holz Wilhelm Wien Waldemar Grzimek Siegfried Tiefensee

Galería

Cidades irmandadas Volodymyr-Volynskyi, Ucraína Wesel, Alemaña Zlaté Hory, Chequia Svetly, Rusia Véxase tamén

Ligazóns externas Provinz Ostpreußen Páxina do concello

Categoría:Cidades de Polonia Categoría:Concellos do voivodato de Varmia e Masuria