Maximino Castiñeiras García, coñecido como o poeta da Maía, nado en Ortoño (Ames) o 18 de marzo de 1906 e finado o 5 de maio de 1992, foi un practicante e poeta galego.

Traxectoria Estudou o bacharelato e maxisterio en Santiago de Compostela e exerceu a docencia en Ames. En 1929 embarcou para América como practicante. Retornado, integrouse na Unión Socialista Galega e participou no mitin autonomista de Bugallido en xaneiro de 1933 con Ángel Varcarcel, José María Santos e Xoán Xesús González.El Pueblo Gallego, 13-1-1933, p. 8. Foi practicante interino do Concello de Carral, posto do que foi destituído en xullo de 1935.BOP A Coruña. 19-7-1935, p. 2. Pertenceu a Izquierda Republicana, sendo elixido vicepresidente do grupo de Ames en abril de 1934,El Pueblo Gallego, 26-4-1934, p. 14. e despois integrouse en Vanguardia de Izquierda Republicana, polo que foi represaliado nos primeiros anos do franquismo.

Exerceu como ATS en América e na mariña mercante, nos transatlánticos que facían a ruta Europa-América. Colaborou en diversas publicacións como Céltiga, Galicia e Opinión Gallega. Retornou a Galicia nos anos cincuenta e foi nomeado practicante de Ames en 1956.La Noche, 3-2-1956, p. 2. Creou o faladoiro literario "Os catorce de Osebe", do que formaron parte Laxeiro, Faustino Rey e Raimundo García Domínguez (Borobó). Colaborou en La Noche, Dorna e Anuario Brigantino. Co restablecemento da democracia foi concelleiro en Ames polo PSdeG-PSOE. Finou na súa casa das Puxeiras Altas o 5 de maio de 1992.La Voz de Galicia, 6-5-1992, p. 67. Obras América vista por Valle-Inclán (1950) Estampas gallegas (1955) Mi tierra (1962) Del corazón al lector. Poemas, odas e cantares (1968) Os do meu tempo (1971) Filosofía - poesía y vida (1981) Frorilexio poético (1987) Os cabeiros refolgos (1990)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Necrolóxica (7/5/1992). en El País O poeta da Maía en Galicia Hoxe

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Concelleiros de Ames Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Ames Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Poetas en lingua castelá