Aerozine 50 ou Aerozina 50 é un propelente para foguetes composto por unha mestura aproximada do 50% de hidracina e UDMH (dimetilhidracina asimétrica). Ten un punto de ebulición maior que o UDMH e foi desenvolvido inicialmente para ser usado no mísil Titan 2.

Características O Aerozine 50 é un propelente hipergólico que entra en ignición espontaneamente ao ser usado con oxidantes do tipo do tetróxido de nitróxeno. É usado, ademais de orixinalmente no Titan 2, na segunda etapa do foguete Delta 2.

Notas

Categoría:Propelentes