Gamzat Tsadasa, nado en Tsada o 21 de agosto de 1877 e finado en Makhachkala o 11 de xuño de 1951, foi un poeta ávaro.

Traxectoria esquerda|miniatura|Monumento de Gamzat Tsadasa en Makhachkala Gamzat Tsadasa naceu nunha familia de labregos pobres e quedou orfo aos sete anos. Estudou nunha madrasa e de volta á súa aldea foi xuíz e imán e anos máis tarde deixou estas tarefas para traballar no ferrocarril e despois no campo, foi en 1891 cando comezou a compoñer poemas satíricos. Entre 1917 e 1919 foi membro do Tribunal da xaria do seu distrito e o . Despois da revolución de outubro serviu no comité executivo do distrito de Khunzakhsky (1925-1932) e colaborou na prensa ávara, publicando alí poesía cívica que recolleu no libro Gadatazul žul en 1934. Durante a segunda guerra mundial compuxo poesías e cancións patrióticas. A súa obra "Historia dun pegureiro" (1949-1950) describe dunha forma realista a vida dos pobos de montaña durante e os cambios que supuxo a época soviética. Tsadasa foi tamén o primeiro autor de literatura infantil ávara e escribiu comedias e dramas para o teatro. O seu fillo, Rasul Gamzatov foi un dos máis célebres poetas ávaros.

Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Nados no Daguestán Categoría:Poetas Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1951 Categoría:Escritores en lingua ávara