San Xoán de Panxón é unha parroquia do concello de Nigrán, pertencente á comarca do Val Miñor. Panxón é unha parroquia de tradición mariñeira, cun porto propio dependente da Xunta de Galicia. Segundo o IGE en 2022 tiña 3.853 habitantes (1.896 homes e 1.957 mulleres).

Xeografía miniatura|dereita|Monumento á mariña universal.

En Panxón rexístranse praias como as de Panxón, Madorra e Patos, así como pequenos areais nos acantilados de Monteferro.Monteferro.org

A praia de Panxón abrangue todo o antigo paseo marítimo dirección ao Monte Lourido en Praia América. Na zona comprendida entre o final do paseo marítimo e a desembocadura do río Muíños está a praia de Canido, nas desaparecidas Dunas de Gaifar. O seguinte tramo de praia dende o río até O Monte Lourido sería Praia América. É un areal de cerca de 2,5 km de area fina, bordeado por tramos de paseo de madeira de formigón, que vai enlazar co paseo marítimo da Ramallosa, bordeando a costa polo Monte Lourido. Outro dos areais que ten Panxón é o da Madorra, que se atopa en dirección a Praia de Patos, xusto no istmo da península de Monteferro. Por último, está a praia de Patos. Esta praia está moi frecuentada por afeccionados e seguidores do mundo do surf, grazas ás súas ondas provocadas pola súa orientación cara mar aberto.

Eclesiasticamente, pertence ao arciprestado de Miñor.

Economía Actualmente a súa vida está fortemente marcada pola actividade hostaleira ó redor do turismo. A pesca de baixura, restaurantes e inmobiliarias son os principais negocios que nel se asentan.

Patrimonio miniatura|Mosaico romano de Panxón. Entre o seu patrimonio arquitectónico destaca o Arco visigótico de Panxón e o camposanto visigótico. Xusto ao lado érguese o Templo Votivo do Mar ambos situados moi preto do núcleo de poboación. Este último é ademais a igrexa da parroquia de San Xoán e foi proxectado polo arquitecto Antonio Palacios Ramilo.

No Monteferro érguese un monumento á mariña universal, inaugurado en 1924 por Miguel Primo de Rivera, ten unha gran figura da Virxe do Carme e o neno Xesús sobre a inscrición "SALVE REGINA MARIUM" e tres grandes placas de mármore.

Nunha glorieta no centro de Panxón está situada a áncora do petroleiro noruegués Polycommander, que afundiu fronte ás Illas Cíes o 5 de maio de 1970. O barco, que tiña só cinco anos de servizo, estaba baixo o mando do capitán Alf. Strom-Olsen.

O escritor galego Carlos Casares escribiu sobre Monteferro o seguinte texto:

Natureza e deporte miniatura|Praia de Panxón. En Panxón están as praias de Panxón, da Madorra, de Patos e das Canas (ou do Caranquexo). Ademais hai pequenas calas con area, especialmente entre as rochas de Monteferro, onde hai unha zona forestal en mancomún, que ten o interese de se atopar á beira do mar; e en fronte atópanse as Estelas, dúas pequenas illas moi preto da costa.

A actividade deportiva en Panxón está moi ligada ao mar, no club náutico é posíbel aprender wíndsurf, vela e outras modalidades de deportes mariños. O submarinismo patícase ao longo da súa costa, principalmente en Monteferro, pero tamén entre as rochas diante da praia de Patos. Nesta mesma praia pódese ver ao longo de todo o ano, pero especialmente no inverno, incluso o día de aninovo, a moita xente nova practicando o surf enriba das fortes ondas que a mollan. Ademais en Panxón está o pavillón polideportivo de Nigrán, onde se pode practicar fútbol sala, baloncesto, voleibol etc.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Panxón

Parroquias de Nigrán

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares de Nigrán Ligazóns externas Concello de Nigrán O Portal do Val Miñor SalvemosMonteferro.org

Categoría:Parroquias de Nigrán Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán