Ottawa ou Otava é a capital do Canadá; está localizada ao nordeste da provincia de Ontario, na fronteira coa provincia do Quebec. É a segunda maior cidade de Ontario, cunha poboación duns 808.000 habitantes, con máis de 1.146.000 na súa rexión metropolitana.
Orixe do nome
O nome "Ottawa" é derivado da palabra algonquina , que significa "comerciar".
Historia esquerda|miniatura|Construción do Parlamento.
Os nativos algonquinos e iroqueses habitaban a rexión onde actualmente fica a cidade de Ottawa moito antes da chegada dos primeiros exploradores europeos. Tales nativos usaban o río Ottawa para se desprazar e se alimentar. En 1613, o francés Samuel de Champlain pasou pola rexión. A partir de entón, os cazadores e comerciantes de pel usaron o río Ottawa como unha rota para o oeste canadense.
1800 a 1867 150px|esquerda|miniatura|O National War Memorial, homenaxe canadense ás vítimas da primeira guerra mundial, situado en Confederation Square.
En 1800, Philemon Wright, un facendeiro de Massachusets, comezou a cultivar unha área ao norte do río Ottawa (onde actualmente fica a cidade de Gatineau, Quebec). Logo, co éxito comercial conseguido, comezaron a se estabelecer na rexión outros asentadores. Ira Honeywell foi o primeiro en se asentar na marxe sur do río Ottawa, en 1811.
Despois da Guerra anglo-americana de 1812, os ingleses temían outra invasión norteamericana ao Canadá. Con isto, os ingleses decidiron construír un canal, o Canal de Rideau, conectando o río San Lourenzo, na altura da cidade de Kingston, ao río Ottawa, co propósito de transportar materiais e armas ao interior do Canadá sen precisar usar o San Lourenzo, despois de Kingston, perigosamente preto dos Estados Unidos e vulnerábel a calquera posíbel ataque. Mandados enxeñeiros desde Inglaterra, que se estableceron na área onde actualmente se localiza Ottawa. O asentamento construído para abrigar os traballadores chamouse Bytown, e completouse en 1832. Entón, Ottawa tiña unha poboación de aproximadamente 1900 habitantes, subindo para 2400 en 1837, grazas á industria madeireira que se desenvolveu na pequena vila. Bytown foi elevado ao rango de cidade en 1850, entón con máis de 10 mil habitantes, e o seu nome mudou definitivamente para Ottawa.
miniatura|O Canal Rideau no inverno, usado como pista de esquí no inverno.
O Alto Canadá e o Baixo Canadá, provincias coloniais da Inglaterra, foron fundidas en 1840 nunha única provincia do Canadá. Durante 17 anos, ficou no ar cal sería a capital definitiva da nova provincia unificada politicamente, mais dividida culturalmente. Neste período, serviron como capitais temporais as cidades de Kinsgston, Montreal, Quebec e Toronto. Finalmente, a decisión caeu na raíña Vitoria, en 1857. Considerando as varias posíbeis cidades, inclusive as catro mencionadas enriba, a raíña escolleu Ottawa, por tres motivos: primeiramente, Ottawa estaba relativamente distante dos Estados Unidos, nunha posición estratexicamente máis segura do que outras posíbeis escollas. Segundo, a localización da cidade, localizada exactamente entre o Alto Canadá e o Baixo Canadá, diminuiría tensións culturais entre os canadenses de orixe francesa e os canadenses de orixe inglesa. E a terceira razón foi a beleza da rexión de Ottawa.
1867 - 1945 En 1867, coa independencia do Canadá, Ottawa tornouse a nova capital do recentemente criado país, e a súa poboación alcanzara os 18 mil habitantes. A cidade medraba de xeito desorganizado, construíndose varias ferrovías no centro da cidade, para a acomodación do transporte e comercio de madeira. En 1896, o entón primeiro ministro do Canadá, Wilfrid Laurier, criou un programa de planeamento urbano, cuxo principal obxectivo era o embelecemento da cidade, que non saíu do papel.
En 1900, un incendio destruíu boa parte da cidade, facendo que boa parte dos 60 mil habitantes da Ottawa de entón ficasen desabrigadas. A cidade reconstruíuse lentamente ata 1912, cando xa alcanzara os 90 mil habitantes. O 3 de febreiro de 1916, a parte central do antigo parlamento canadense foi destruída nun incendio. Coa Casa dos Comúns estabelecida temporalmente no que actualmente é o Museo Canadense de Natureza, a parte central reconstruíuse, unha estrutura gótica, coñecida como Torre da Paz, que se tornou coñecida co pasar do tempo como o principal símbolo da cidade.
En 1937, o entón primeiro ministro do Canadá William Lyon Mackenzie King nomeou a Jacques Gréber -un famoso urbanista francés, responsábel da revitalización urbana de París- para replanexar a cidade de Ottawa. Co inicio da segunda guerra mundial, os planos ficaron novamente no papel, e Jacques Gréber volveu para Francia.
1945 - Tempos actuais miniatura|O parlamento do Canadá, ás marxes do río Ottawa e do Canau Rideau.
Despois da guerra proseguiron os intentos de mellorar a organización urbana da cidade, con Jacques Gréber novamente no Canadá. O plano proposto por Gréber aprobouse polo parlamento canadense en 1951. Con iso, quitáronse 51 km de ferrovías, e a estación central de tren moveuse a unha rexión máis afastada do centro da cidade, a leste. Tamén foron construídos moitos parques en volta da cidade, ben como un xigantesco parque, con máis de 35 mil hectáreas, na cidade veciña de Gatineau. O plano tamén indicaba que predios gobernamentais deberían construírse non todos concentrados nunha área senón, en vez diso, seren construídos nos límites da cidade. Ao longo da década de 1960 e de 1970, tales planos continuaron, coa creación de praias e máis parques.
Entrementres, o concello instituíu a Commercial and Industrial Development Corporation (actualmente Economic Development Corporation), en 1962, para promover o crecemento económico de Ottawa. Este órgano municipal criou 12 parques industriais ao longo da década de 1960 e de 1970. En 1973, unha lei que propuña límites á altura máxima dos predios construídos no centro da cidade foi rexeitada polo Consello municipal. Con iso, máis e máis rañaceos foron construídos no centro da cidade. Co medo a embotellamentos e problemas no sistema de transporte público, Ottawa replantou totalmente o seu sistema de transporte público, coa creación de máis liñas de ómnibus, así como liñas de light rail.
En 2001, fusionáronse 10 cidades con Ottawa, entón con preto de 350 mil habitantes dentro do seus límites municipais. Ottawa pasou a ter máis de 750 mil con esta fusión. As cidades fundidas son Cumberland, Gloucester, Goulborn, Kanata, Nepean, Osgoode, Rideau, Rockcliffe Park, Vanier e West Carleton.
Xeografía center|thumb|1100px|Panorama de Ottawa miniatura|A rexión de Ottawa-Gatineau vista polo satélite SPOT. thumb|Vista da rúa Sparks no centro da cidade.
Ottawa sitúase na marxe sur do río Ottawa, e engloba as desembocaduras do río Rideau e da Canle Rideau. A parte máis antiga da cidade (onde se encontra o que queda de Bytown) coñécese como Lower Town (en francés Basse-Ville; que significa "Cidade Baixa") e ocupa a zona entre a canle e os ríos. Cruzando a canle cara ao oeste encóntrase Centretown (chamada a miúdo "downtown"), que é o centro financeiro e comercial da cidade. Entre este lugar e o río Ottawa, a suave elevación da Parliament Hill (en francés Colline du Parlement, Cuíña do Parlamento) alberga gran parte dos edificios gobernamentais da capital, ademais de ser a sede lexislativa do Canadá.
A Cidade de Ottawa comprende varias áreas urbanas. A principal esténdese unha distancia considerable cara ao leste, oeste e sur do centro, e inclúe as antigas cidades de Gloucester, Nepean e Vanier, o antigo pobo de Rockcliffe Park e as comunidades suburbanas de Manotick e Orleans. Ademais da área urbana principal, existe unha secundaria: a área urbana de Kanata, que comprende a parte urbanizada da antiga cidade de Kanata e o antigo pobo de Stittsville (70.320 hab.). Máis aló do cinto verde esténdese unha certa cantidade de cidades satélite e comunidades rurais que tamén son áreas urbanas (áreas periféricas) e forman parte do municipio de Ottawa. Estas son: Constance Bay (2.327 hab.), Kars (1.539 hab.), Metcalfe (1.610 hab.), Munster (1.390 hab.), Osgoode (2.571 hab.) e Richmond (3.287 hab.).
Ao outro lado do río Ottawa, que forma a fronteira entre Ontario e Quebec, aparece cidade de Gatineau. Aínda que son dúas cidades formal e administrativamente separadas en dúas provincias, Ottawa e Gatineau (xunto cunha certa cantidade de municipios veciños) constitúen, xuntas, a Rexión da Capital Nacional, cunha poboación conxunta de máis dun millón de habitantes, e considérase unha única área metropolitana.
Clima Ottawa ten un clima temperado. As temperaturas varían considerablemente durante todo o ano, desde un récord máximo de 37,8 °C nos veráns de 1986 e 2001, a un mínimo de -36,1 °C no inverno de 1943 (esta última é a segunda maior temperatura mínima rexistrada nunha capital nacional, só por detrás de Ulán Bátor, Mongolia). Esta ampla gama de temperaturas permite a práctica de numerosas actividades ao largo do ano, e tamén require dispoñer de roupa adecuada para cada época. Se atendemos á temperatura media anual, Ottawa é a sétima capital máis fría do mundo. No entanto, se atendemos á temperatura media de xaneiro, Ottawa figura en terceiro lugar, detrás de Ulán Bátor (Mongolia) e Astana (Kazakhstán).
A neve e o xeo dominan durante o inverno. Ottawa recibe cerca de 235 centímetros de neve ao ano. A maior precipitación de neve rexistrada na cidade foi de 73 centímetros, o 4 de marzo de 1947. A temperatura media da cidade en inverno é de -10,8 °C, aínda que ocorren con frecuencia días con temperaturas medias por encima de cero e noites con temperaturas menores de -25 °C. É común que se deposite unha capa duradeira de neve desde finais de novembro ata principios de abril, aínda que algúns anos non se rexistra neve ata a época de Nadal. O efecto das temperaturas baixas en inverno é agudizado polo factor do vento. Ottawa rexistra anualmente e de media, 51, 14 e un día cun factor de vento por debaixo de -20 °C, -30 °C e -40 °C respectivamente. A temperatura máis baixa rexistrada na cidade, incluíndo o factor do vento, foi de -47,8 °C, o 8 de xaneiro de 1968.
A choiva xélida é tamén relativamente frecuente, incluso en relación a outras partes do país. En 1998, unha gran tormenta causou apagamentos e afectou á economía local, a coñecida como Tormenta de xeo norteamericana de 1998.
Os veráns son relativamente cálidos e húmidos en Ottawa, aínda que son polo xeral curtos. A temperatura media en verán é de 26,5 °C, aínda que é frecuente que se dean temperaturas de 30 °C ou máis. No verán de 2005, rexistrouse unha temperatura máxima de 39,5 °C nalgunhas zonas. Durante os períodos de altas temperaturas, a elevada humidade do aire é un factor agravante, especialmente preto dos ríos. A cidade rexistra anualmente e de media, 41, 12 e 2 días con temperaturas superiores a 30 °C e 35 °C, respectivamente, contando coa humidade do aire. A temperatura máis alta rexistrada en Ottawa, tendo en conta a humidade do aire, foi de 48 °C, foi rexistrada o 1 de agosto de 2006.
As condicións climáticas primaverais e outonais son variables, propensas a extremos en temperaturas e a cambios imprevisibles. Rexistráronse días calorosos, por encima de 30°C, a comezos de abril e finais de outubro, así como precipitación de neve ben entrado o mes de maio e a comezos de outubro (aínda que tales acontecementos son infrecuentes e de breve duración). A precipitación anual media é, por termo medio, duns 870 milímetros. O día en que se recibiu a maior cantidade de choiva foi o 9 de setembro de 2004, cando os restos do Furacán Frances descargaron 135 mm de choiva na cidade.Ontario Weather Review - September 2004 - Environment Canada, 30 de setembro de 2004 Ao ano hai 2.054 horas de sol de media (47% das totais).Climat - Commission de la Capitale Nationale, 5 de decembro de 2005