Que fermoso é vivir (en ) é un filme estadounidense producido e dirixido por Frank Capra que se estreou en 1946. Baséase no conto «The Greatest Gift», que Philip Van Doren Stern escribiu en 1939 e publicou de forma privada en 1945. Está considerado como un dos filme máis populares do cinema americano e por mor das continuas emisións a través da televisión, está considerado un filme tradicional do Nadal.
Está protagonizado por James Stewart que interpreta a George Bailey, un home que abandonou os seus soños para axudar a outros e que está a piques de se suicidar na véspera do Nadal. Isto provoca a intervención do seu anxo da garda, Clarence Odbody (Henry Travers). Clarence amosa a George todas as vidas que cambiou e como sería a vida de Bedford Falls se el nunca chegase a nacer.
Sinopse George Bayle é un home íntegro que se ve obrigado tras o pasamento do seu pai a asumir a dirección dunha compañía de empréstitos. O seu soño era moi distinto, pois anhelaba ir á Universidade, construír pontes e edificios, viaxar e coñecer xente... pero antepuxo o deber as súas inquedanzas e deulle o diñeiro ao seu irmán, Harry, para que fose el quen estudase coa condición de que ao retornar ocuparía o seu cargo de secretario executivo e así George puidese ir á Universidade. Finalmente o seu irmán converteuse nunha estrela de fútbol, casou e conseguiu un bo posto na área de investigación. A George non lle pareceu ético pedirlle a Harry que se encargase da cooperativa e asumiu que tiña que continuar á fronte do pequeno banco local.
Potter controlaba todos os negocios da vila de Beldford Falls agás a compañía de Bayle. George Bayle casou con Mary, unha rapaza que estaba namorada del dende que eran pequenos. Cando marchaba á súa lúa de mel, viron que o seu negocio tiña as portas pechadas. O Banco Central reclamaba todo o seu préstamo e tiveron que darlle todo o efectivo dispoñible sen lograr saldar a débeda. O pánico estendeuse por toda a cidade e a xente reclamaba a Bayle o seu diñeiro, que el non podía facilitar.
Nese momento Potter fixo movementos para acabar co negocio de Bayle. Chamouno para informarlle que garantía os pagos para que o banco puidese abrir as portas de novo a cambio de pasar a ser o dono do local. Se os clientes lle levaban as súas accións, Potter pagaríalles 50 centavos por dólar. A xente, presa do desconcerto inclinábase pola oferta de Potter fronte á posibilidade de quedar sen nada, pero George Bayle conseguiu convencelos para que non se fiasen de Potter, que se estaba a aproveitar do pánico. Bayle argumentou que se Potter se fixese co control do banco, non podería outorgar préstamos, polo que decide repartir o diñeiro da lúa de mel cos seus clientes para que poidan aguantar ata que se solucione o problema.
Os intentos de destrución seguiron, e trala segunda guerra mundial, o día da condecoración do seu irmán, véspera da Noiteboa, George Bayle pensa en suicidarse. Bayle tiña un seguro de vida, polo que se a súa familia o cobrase solucionaría o problema económico. Os problemas empeoraran cando o seu tío Billy, que fora facer un ingreso de 8000 dólares, se atopara con Potter e nun descoido, lle entregara o sobre coa devandita cantidade de dólares. Cando ía efectuar o ingreso decátase de que non posúe o diñeiro porque non atopa o sobre e para máis, a compañía de empréstitos recibe a visita dun Inspector de Facenda, para supervisar as contas. Se o inspector descubría o descuberto na caixa, sería acusado de malversación de fondos, estafa e abuso de confianza polo que ninguén o libraría do cárcere. Desesperado, Bayle pídelle diñeiro a Potter, ao xuro que fose. O magnate ri del e avísalle que filtrou o escándalo a prensa. Cando está a piques de lanzarse o río, aparece un anxo da garda e móstralle como sería o mundo se el nunca existise. Descobre que a cidade non se chamaría Beldford Falls senón Potterland, e nela todo eran bares, luces e dispendio e que os seus amigos se atoparían sumidos nunha mala situación económica e na infelicidade.
Vendo a situación, prefire continuar vivindo e afrontar o problema. A súa muller, Mary, encárgase de acudir aos seus amigos e entre todos recadan os cartos que lle fan falla para aboar a débeda.
Personaxes miniatura|250px|Fotograma da película con James Stewart e Donna Reed. James Stewart como George Bailey Donna Reed como Mary Hatch Bailey Henry Travers como Clarence Odbody Lionel Barrymore como Mr. Henry F. Potter Thomas Mitchell como Tío Billy Bailey Beulah Bondi como Ma Bailey Frank Faylen como Ernie Bishop Ward Bond como Bert Gloria Grahame como Violet Bick H. B. Warner como Mr. Gower Frank Albertson como Sam «I-A» Wainwright Todd Karns como Harry Bailey Samuel S. Hinds como Peter «Pop» Bailey Lillian Randolph como Annie Virginia Patton como Ruth Dakin Bailey Mary Treen como Curmá Tilly Charles Williams como Curmán Eustace Sarah Edwards como Mrs. Hatch Harold Landon como Marty Hatch William Edmunds como Mr. Giuseppe Martini Argentina Brunetti como Mrs. Martini Sheldon Leonard como Nick Bobby Anderson como Little George Bailey Jean Gale como Little Mary Hatch Jeanine Ann Roose como Little Violet Bick George Nokes como Little Harry Bailey Frank Hagney como Potter's mute aide Karolyn Grimes como Zuzu Bailey Larry Simms como Pete Bailey Carol Coomes como Janie Bailey Jimmy Hawkins como Tommy Bailey
Premios Na 19ª edición dos Óscar o filme foi candidato a cinco premios: Mellor filme, director, actor (James Stewart), montaxe e son,
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1946 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Frank Capra Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Ficción de Nadal Categoría:Filmes sobre anxos Categoría:Filmes sobre depresión Categoría:Filmes sobre suicidio Categoría:Filmes ambientados en 1919 Categoría:Filmes ambientados en 1928 Categoría:Filmes ambientados en 1932 Categoría:Filmes ambientados en 1945 Categoría:Filmes de historia alternativa dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1946 con versión en galego