Os ligamentos colaterais da articulación metacarpofalánxica son unha parella de ligamentos presentes nas articulacións metacarpofalánxicas, que pertencen ao membro superior. Dispóñense a cada lado da articulación sendo o principal reforzo da mesma.

Orixínanse a cada lado da parte máis inferior de cada óso metacarpiano. Diríxense cara a falanxe proximal. Xunto aos músculos interóseos dorsais e palmares e os músculos lumbricais, manteñen a articulación estable, durante os movementos de flexión e extensión. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.

Categoría:Ligamentos do membro superior