O distrito de Mayuge é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación principal, Mayuge.
Limita co distrito de Iganga polo norte, co distrito de Bugiri polo nordeste e leste, co distrito de Namayingo polo leste, coa República de Tanzania polo sur, e co distrito de Jinja polo leste.
Antes do ano 2000, o distrito de Mayuge era denominado condado de Bunya e formaba parte do distrito de Iganga. Este distrito, canda Iganga, Kamuli, Jinja, Kaliro e Bugiri, constitúe o reino Busoga.
7.660,4 km2 da superficie total son augas do lago Vitoria, que representa un 77% do total do territorio. Outro 10% é bosque protexido. En total ten unha área de 9.948,6 km2.
O distrito ten moitas illas que están ocupadas de xeito permanente ou migratorio por pescadores. Entre estas illas están Seguti, Dagusi, Vumba, Kaza, Nambuga e Simu.
A poboación segundo o censo do ano 2002 estaba estimada en 326.600 habitantes.
A súa economía baséase no seu potencial agrícola, dado as súas fértiles terras e ao seu clima, aínda que sen pasar do nivel da subsistencia. A pesca tamén é outra actividade amplamente practicada, que, de certo, é a actividade que xera máis ingresos. Nas súas augas péscanse percas do Nilo, tilapias, clarias, protopterus, mukenes... Recentemente, a produción de mel, tamén se tornou en actividade a destacar.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do distrito Mayuge
Mayuge