Suðurnes (en galego: Rexión Suroccidental) é unha das oito Rexións administrativas de Islandia. Está situada ao suroeste do país e a súa capital é a cidade de Keflavík. A rexión está principalmente conectada co resto do país pola estrada 41 ao norte, que é unha das principais estradas do país e que a une directamente coa capital, Reiquiavik.

Nesta rexión se encontra o Aeroporto Internacional de Keflavík, o principal punto de entrada de Islandia. Tamén atopamos o balneario xeotermal de Bláa lónið.

Demografía Suðurnes ten unha poboación de 21.431 habitantes nunha extensión de 829 km², o que supón unha densidade de poboación de 25,9 hab./km², sendo unha das rexións máis densamente poboadas da illa. O seu centro administrativo é Keflavík, que tiña 7.000 habitantes ata que se fusionou coa veciña cidade de Njarðvík hai uns anos, conformando unha poboación de máis de 10.000 habitantes e converténdose na segunda poboación máis grande fóra da área metropolitana de Reiquiavik. En outubro de 2007, a cidade contaba cunha poboación de 13.000 habitantes.

+ Evolución demográfica da rexiónAnoPoboaciónPorcentaxe dapoboación islandesa 1920 2,64 % 1930 2,60 % 1940 2,86 % 1950 3,51 % 1960 4,98 % 1970 5,17 % 1980 5,75 % 1990 5,90 % 2000 5,79 % 2007 6,48 %

Condados Na rexión de Suðurnes se encontra un dos vinte e trés condados de Islandia, o condado de Gullbringusýsla.

Municipios Suðurnes comprende os seguintes cinco municipios: Garður (1.542 habitantes) Grindavík (2.849 habitantes) Reykjanesbær (14.208 habitantes) Sandgerði (1.750 habitantes) Sveitarfélagið Vogar (1.215 habitantes)

Galería de imaxes

Categoría:Rexións de Islandia