Wall Street é unha película norteamericana do ano 1987 e producida por 20th Century Fox Film Corporation. Os seus principais actores son Michael Douglas e Charlie Sheen.

Sinopse Bud Fox (Charlie Sheen) é un corretor de bolsa en Wall Street na década dos 80 e ten un forte desexo de chegar rapidamente ao máis alto. Grazas á súa perseveranza consegue convencer un investidor, Gordon Gekko (Michael Douglas), de collelo baixo a súa ala. Este home é un desapiadado e lendario corretor de bolsa de Wall Street cuns valores que non poderían estar máis opostos aos do pai de Bud, un obreiro encargado do mantemento que considera que o éxito debe chegar traballando duro e non con especulacións. Gordon Gekko ábrelle as portas ao mundo dos "yuppies" grazas á súa aptitude para conseguir información privilexiada. Isto apórtalle a Bud moitas riquezas pero tamén grandes problemas.

Personaxes Bud Box (Charlie Sheen): un xove corretor de bolsa que busca atopar o seu sitio no mundo das finanzas. Grazas á súa audacia consegue reunirse con Gekko a quen lle propón investir no negocio dunha aeroliña que acaba de ser declarada inocente nun litixio. A través desta amizade con Gekko, Bud comeza a coñecer e a saber cada vez máis do mundo bolsista, incluso chegando a prácticas ilegais e deixando o lado humano destas. Gordon Gekko (Michael Douglas): un home ambicioso e unha lenda da Bolsa de Wall Street. As súas infinitas ganas de obter riqueza farán arrastrar ao seu novo compañeiro Bud aos fondos máis baixos e inmorais de Wall Street. Darien Taylor (Daryl Hannah): unha prestixiosa deseñadora de interiores, que mantivo no pasado unha relación con Gordon. Pero ao igual ca este, a súa ambición e gañas de poder farán que renegue do seu verdadeiro amor, Bud, o aprendiz de Gekko.

Banda sonora Fly me to the moon - Frank Sinatra American is waiting - David Byrne e Brian Eno Mea culpa - David Byrne e Brian Eno Desafinado - Stan Getz Quiet nights of quiet starts (Corcoyado) - Stan Getz Midnight Motion - Kenny G Burning guitar Rigoletto Moonlight magic This must be the place (Naive melody) - The Taking Heads Happy birthday to you

Premios Óscar 1988: Michael Douglas gañador ao mellor actor principal. Globos de Ouro 1988: Michael Douglas gañador ao mellor actor de drama. Premios David di Donatello 1988: Michael Douglas gañador ao mellor actor estranxeiro. Premios da Academia de Cine do Xapón 1989: candidata á mellor película estranxeira. Premios do Sindicato Nacional Italiano de Cine 1988: candidata á mellor película estranxeira. Premios do Círculo de Críticos de Cine de Kansas 1988: Michael Douglas gañador ao mellor actor. Premios do Círculo de Críticos de Nova York 1987. Michael Douglas segunda posición como mellor actor. Premios Sant Jordi 1989: Michael Douglas candidato ao mellor actor estranxeiro. Premios Razzie 1988: Daryl Hannah gañadora á peor actriz secundaria. Premios Satellite 2007: candidato ao DVD con mellores extras (a reedición do 20 aniversario).

Datos de interese A película rodouse en Central Park, Nova York. As oficinas de Bud e Gordon atopánse en 222 Broadway.

Algúns dos bares frecuentados polos personaxes son W. 67th Street ou 3 East 48th Street, tamén en Nova York.

Aínda que o papel de Gordon Gekko foi interpretado por Michael Douglas houbo actores como Richard Gere e Warren Beatty que o director tivo en conta. Tamén ocorreu co papel de Bud Fox (interpretado polo actor Charlie Sheen) que quixo interpretar o actor Tom Cruise.

Citas de Gordon “O que importa é o diñeiro, o resto son conversacións.” “Se queres un amigo, compraste un can.” “As comidas de negocios son para xente débil.” “Cando trates de diñeiro, controla as túas emocións.” “A cousa máis valiosa do mundo é a información ¿non che parece?” “Eu non creo riqueza. Eu poseo.”

Categoría:Filmes de 1987 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Oliver Stone Categoría:Filmes con banda sonora de Stewart Copeland Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes ambientados en 1985 Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de 1987 con versión en galego