A creatina é un composto orgánico nitroxenado que aparece de forma natural nos vertebrados e axuda a fornecer enerxía ás células, principalmente ás musculares. Isto realízase converténdose en fosfocreatina, a cal incrementa a formación de adenosina trifosfato (ATP). A creatina foi identificada en 1832 por Michel Eugène Chevreul como un compoñente do músculo esquelético, e deulle o seu nome derivándoo do termo grego κρέας, kreas, carne. En solución, a creatina está en equilibrio coa creatinina, forma cíclica.

Biosíntese miniatura|esquerda|Creatina ionizada. A súa vida media é de 3 horas. A creatina prodúcese no corpo humano a partir de aminoácidos, principalmente nos riles e fígado. Transpórtase por vía sanguínea aos músculos. Aproximadamente o 95% da creatina total do corpo humano está localizada no músculo esquelético.

A creatina non é un nutriente esencial, xa que se produce no corpo a partir de L-arxinina, glicina, e L-metionina., pero tamén se obtén dos alimentos. Nos humanos e animais, aproximadamente a metade da creatina almacenada orixínase a partir da comida (principalmente da carne).

O encima GATM (L-arxinina:glicina amidinotransferase (AGAT), EC 2.1.4.1) é un encima mitocondrial responsable da catálise do primeiro paso da biosíntese da creatina, que é unha reacción limitante, e se expresa primariamente nos riles e páncreas. A partir de arxinina e glicina produce guanidinoacetato.

O segundo encima da ruta é o (GAMT, guanidinoacetato N-metiltransferase, EC:2.1.1.2), que se expresa principalmente no fígado e páncreas, e transforma o guanidinoacetato en creatina utilizando S-adenosil metionina.

As deficiencias xenéticas na ruta biosintética da creatina orixinan varios defectos neurolóxicos graves.

miniatura|centro|520px|Ruta de síntese da creatinaArg - Arxinina; GATM - Glicina amidinotransferase; GAMT - Guanidinoacetato N-metiltransferase; Gly - Glicina; Met - Metionina; SAH - S-adenosil homocisteína; SAM - S-adenosil metionina. O esquema de cores utilizado é o seguinte: encimas, coencimas e a parte correspondente á Met, nomes dos substratos, a parte correspondente á Gly, a parte correspondente á Arg

O sistema da fosfocreatina A creatina sintetizada no fígado e riles, é transportada por vía sanguínea e captada polos tecidos que teñen unha alta demanda de enerxía, como o músculo esquelético e o cerebro, utilizando un sistema de transporte activo. A concentración de ATP no músculo esquelético é xeralmente de 2-5 mM, o que serve para soster a contracción muscular durante só uns poucos segundos. Durante os momentos de gran demanda de enerxía, o sistema ATP/fosfocreatina resintetiza rapidamente o ATP a partir de ADP utilizando a fosfocreatina (PCr), que é un derivado fosfatado da creatina. A reacción co ATP é reversible e está catalizada polo encima creatina quinase. No músculo esquelético, as concentracións de fosfocreatina poden atinxir os 20-35 mM ou máis. Ademais, na maioría dos músculos a capacidade de rexeneración do ATP da creatina quinase é moi alta e non é un factor limitante. Aínda que as concentracións celulares de ATP son pequenas, os cambios en dita concentración son difíciles de detectar porque o ATP está sendo continuamente rexenerado grazas ás grandes reservas de fosfocreatina e á actividade da creatina quinase. A creatina ten a capacidade de incrementar as reservas musculares de fosfocreatina, incrementando a capacidade do músculo de xerar ATP e realizar unha actividade intensa sostida. Para unha revisión do sistema da creatina quinase e as accións pleiotrópicas da creatina e a suplementación de creatina véxase .

Efectos sobre a saúde Uso como suplemento da dieta A suplementación con creatina utilízana os deportistas e culturistas para gañar masa muscular, que xeralmente toman de 2 a 3 veces a cantidade que normalmente se obtería dunha dieta moi rica en proteínas. A Clínica Mayo considera que a creatina está asociada con síntomas asmáticos e é perigosa para persoas alérxicas.

Considéranse infundados algúns informes que indicaban que afectaba aos riles, fígado, hidratación, diarreas, tolerancia á calor ou cambras. En 2004 a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) publicou un documento no que se establecía que o consumo oral a longo prazo de 3 g de creatina pura diarios era seguro...

A administración a longo prazo de grandes cantidades de creatina incrementa a produción de formaldehido, que ten o potencial de causar efectos secundarios graves. Porén, este risco é máis ben teórico, xa que a excreción urinaria de formaldehido, mesmo cunha suplementación con creatina forte, non excede os límites normais.

As numerosas investigacións levadas a cabo na última década mostran que a suplementación con creatina oral nunha dose de 5 a 20 g diarios parece ser moi segura e carente de efectos secundarios de importancia, e mellora as prestacións do sistema muscular.

Farmacocinética En canto á súa farmacocinética, as concentracións de creatina plasmática endóxena nun adulto san están normalmente entre 2–12 mg/L. Unha dose oral de 5 g (5000 mg) orixina un pico na concentración plasmática duns 120 mg/L en 1–2 horas despois da inxestión. A creatina ten unha vida media para a súa eliminación bastante curta, de menos de 3 horas como media, polo que para manter un elevado nivel no plasma sería preciso tomar pequenas doses orais cada 3–6 horas durante todo o día. Despois dun período de 1–2 semanas tomando unha dose de 12-24 g diarios, xa non é necesario manter un nivel plasmático de creatina consistentemente alto. Cada persoa ten unha cantidade xeneticamente establecida de creatina que pode manter, e o resto é eliminado do corpo como un refugallo. O corpo consome a creatina bastante rapidamente, e se se quere manter unha concentración alta de creatina, a dose estándar é de 2-5 g diarios.Kamber M, Koster M, Kreis R, Walker G, Boesch C, Hoppeler H. Creatine supplementation--part I: performance, clinical chemistry, and muscle volume. Med. Sci. Sports Exer. 31: 1763-1769, 1999.Deldicque L, Décombaz J, Zbinden Foncea H, Vuichoud J, Poortmans JR, Francaux M. Kinetics of creatine ingested as a food ingredient. Eur. J. Appl. Physiol. 102: 133-143, 2008.R. Baselt, Disposition of Toxic Drugs and Chemicals in Man, 8th edition, Biomedical Publications, Foster City, CA, 2008, pp. 366-368.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Beta-alanina Fosfocreatina Creatinina

Ligazóns externas Creatine bound to proteins in the PDB NCBI Online Mendelian Inheritance In MAN (OMIM) GATM human mutation record Creatine Supplementation, Beth Lulinski, Quackwatch Creatine 'boosts brain power', BBC News, 12 de agosto de 2003 Creatine: From Muscle to Brain, Peter W. Schutz, The Science Creative Quarterly, 2009 Creatine Supplementation Creatine during Pregnancy and Protection of Babies against Anoxia Un estudo no rato "The creatine kinase system and pleiotropic effects of creatine" in: Amino Acids. 2011 May;40(5):1271-96 Artigo de "revisión" recente de maio de 2011.

Categoría:Aminoácidos Categoría:Guanidinas