Yayoi Kusama (草間 彌生 ou 草間 弥生), nada en Matsumoto (Nagano) o 22 de marzo de 1929 e finada en Tokyo o 14 de agosto de 2026, foi unha artista e escritora xaponesa. Ao longo da súa carreira traballou nunha ampla variedade de medios, incluíndo pintura, collage, escultura, performance art ou land art, nos cales salienta a súa temática interesada polas cores psicodélicas, as repeticións e os patróns. Traxectoria

Nada nunha familia de clase media-alta, Kusama comezou a crear arte a unha idade temperá. Cansa do estilo de pintura nihonga que estudaba en Kyoto dende 1948, interesouse polas vangardas europeas e americanas, organizando as súas primeiras exposicións en solitario en Matsumoto e Tokyo durante a década de 1950.

En 1957 mudouse aos Estados Unidos, asentándose na cidade de Nova York onde produciu unha serie de pinturas influenciadas polo movemento do expresionismo abstracto. Coa adopción da escultura e as instalacións como os seus medios primarios, Kusama converteuse nunha figura da vangarda neoiorquina, exhibindo a súa obra xunto á de personalidades como Andy Warhol, Claes Oldenburg ou George Segal durante os principios da década de 1960, onde tamén foi frecuentemente asociada ao movemento do pop art. Aproveitándose do xurdimento da contracultura hippy de finais dos 60, Kusama atraeu a atención pública ao organizar unha serie de Body Festivals onde participantes espidos eran pintados con lunares de cores brillantes.

Categoría:Pintores do Xapón Categoría:Nados na prefectura de Nagano Categoría:Nados en 1929

Categoría:Finados en 2026