Nova Hampshire é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizada a oeste de Vermont, norte de Massachusetts, sur do Quebec, e a oeste de Maine e do océano Atlántico. Foi unha das Trece Colonias que se revolveron ao control inglés, Nova Hampshire foi o primeiro estado americano en declarar a súa independencia.

O PIB do estado en 1999 foi de 44.000 millóns US$ (39º no país), cunha renda per cápita de 33.333 US$ (6º no país), baseada na agricultura, turismo e na industria de maquinaría, equipamento eléctrico e equipamentos de borracha e plástico.

É coñecido como The Granite State, alcume debido ás formacións de granito común no estado, aínda que a minería deste produto declinou bastante nas últimas décadas.

Galería de imaxes

Categoría:Nova Hampshire