Tuck Everlasting é un filme estadounidense dirixido por Jay Russell que se estreou no 2002. Baséase no libro Tuck Everlasting de Natalie Babbitt (1975).

Sinopse A xove Winnie Foster, afogada polo aburrimento e a monotonía, trata de escapar ó control dos seus millonarios e dominantes pais pero a súa vida da un xiro radical cando coñece ós Tuck, unha extravagante familia que parece vivir fóra do tempo. Os Tuck viven no máis recóndito do bosque e agochan un gran segredo: son inmortais grazas á auga dun milagroso manancial que lles proporciona a eterna xuventude. Eles ensinaranlle a Winnie o xeito de desfrutar cada minuto ó máximo e ser feliz. Un día, o tranquilo mundo dos Tuck vese ameazado por un estraño que fai demasiadas preguntas. Entón Winnie verase obrigada a elixir entre a súa antiga vida e o marabilloso mundo que acaba de descubrir.

Personaxes Alexis Bledel como Winnie Foster Jonathan Jackson como Jesse Tuck Ben Kingsley como O home do traxe amarelo William Hurt como Angus 'Tuck' Tuck Sissy Spacek como Mae Tuck Scott Bairstow como Miles Tuck Amy Irving como Foster Victor Garber como Robert Foster Julia Hart como Sally Hannaway Noami Kline como Beatrice Ruston Robert Luis como Night Deputy Michelle Mulitz como Natalie Foster

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jay Russell Categoría:Filmes producidos por Marc Abraham Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes ambientados en 1914 Categoría:Filmes ambientados en 2002