Pauline Marion Levy, coñecida polo nome artístico de Paulette Goddard, nada o 3 de xuño de 1910 en Nova York e finada o 23 de abril de 1990 en Ronco sopra Ascona, Ticino, Suíza, foi unha actriz de cinema estadounidense.
Traxectoria Naceu en Whitestone Landing, Queens, Long Island. Foi a única filla de Joseph Russell Levy, xudeu, e Alta Mae Goddard, quen pertencía á igrexa episcopal e tiña ascendencia británica. Os seus pais divorciáronse cando ela era moi pequena, e foi criada pola súa nai. O seu pai practicamente desapareceu da súa vida, e regresou a finais da década de 1930, despois de que ela se volveu famosa. Ao principio, a súa nova relación co seu pai parecía moi boa e ían xuntos aos éxitos no cine, pero máis adiante el demandouna legalmente cando leu unha entrevista nunha revista onde afirmaba que el non era o seu pai e que a abandonou na súa infancia. Nunca se reconciliaron. Ao morrer, el deixoulle unicamente un dólar no seu testamento. Ela tivo sempre unha relación próxima coa súa nai.
Charles Goddard, o seu tío avó, axudou a súa sobriña neta a atopar emprego como modelo publicitaria, e logo, entre 1924 e 1928, unha das nenas Ziegfeld na compañía musical Ziegfeld Follies, de Florenz Ziegfeld. Asistiu á Preparatoria Washington Irving de Manhattan ao mesmo tempo que quen tamén sería actriz, Claire Trevor.
Tras casar cun millonario chamado Edgar James, trasladouse a vivir a Hollywood. A principios dos anos 30 participou en papeis secundarios en obras como City Streets (1931), de Rouben Mamoulian, con Gary Cooper e Sylvia Sidney, ou en The Kid from Spain (1932), de Leo McCarey, xunto a Eddie Cantor.
En 1936 rodou, xunto a Charlie Chaplin, Modern Times (1936), a última película na que aparece Charlot como personaxe. Despois de gravarse a película crese que casaron nunha cerimonia secreta, pero foi unha relación sentimental da cal nunca chegou a concretar nada publicamente, por acordo de ambos. Catro anos despois volveron rodar xuntos un novo filme, O gran ditador (1940), película crítica contra o nazismo alemán e, por extensión, contra todos os fascismos e ditaduras. Ambos os títulos conforman dúas das obras mestras do xenial director, o que non evitou que ese mesmo ano se rompese o matrimonio.
Estivo tamén casada co actor Burgess Meredith entre o 1944 e 1950 e finalmente con Erich Maria Remarque de 1958 ata 1970.
Notas
Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1910 Categoría:Nados en Queens Categoría:Finados en 1990 Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa