O termo operación pode ter os seguintes significados:

En Economía Refírese a unha transacción ou intercambio de bens ou servizos. Operación bancaria Operación bolsista

En Estratexia militar Operación, planificación loxística militar creada pola intelixencia militar cun obxectivo definido.

En Informática Operación, instrución realizada por un equipo informático.

En Matemáticas Operación matemática, unha acción ou procedemento que produce un valor novo a partir dun ou máis valores de entrada. Operación aritmética. Operación binaria, operación matemática que precisa dun operador e de dous operandos (argumentos) para que se poida calcular un valor.

En Medicina Operación ou intervención cirúrxica, intervención sobre algunha parte do corpo, para diagnosticar, curar ou calmar problemas de saúde.