Berenice foi o nome dun foguete sonda francés de catro etapas que estivo en servizo entre 1962 e 1966.
Características Berenice foi o foguete sucesor do Antares, dobrando a masa da carga útil, e foi utilizado para probar vehículos de reentrada atmosférica. As dúas primeiras etapas levaban o vehículo ata 270 km de altura, onde as restantes etapas invertían o sentido da ascensión e acendíanse para forzar unha reentrada a gran velocidade na atmosfera.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Antares (foguete)
Categoría:Foguetes sonda